Mos
Adxudicadas as obras de mellora da estrada Puxeiros - Rebullón
A xunta de goberno da Deputación aprobou o pasado venres venres a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de mellora da seguridade viaria da E.P 2604 Puxeiro-Rebullón á empresa Prace, servicios e obras S.A por importe de 213.786 €.
Cun prazo de execución de 2 meses, segundo o proxecto presentado pola empresa adxudicataria, as obras aprobadas pola Deputación queren corrixir as deficiencias que presenta esta estrada provincial. Vial que soporta unha elevada intensidade de tráfico con áreas de tránsito moi urbanizadas.
Dende a glorieta de Puxeiros, no casco urbano de Mos, ata o Polígono Industrial do Rebullón, a estrada conta con numerosas edificacións en ambas as marxes, beirarrúas e pasos de peóns, e presenta un estado do firme notablemente deteriorado, mentres que no resto da estrada non hai apenas edificacións e o estado do firme é aceptable.
Renovación da capa de rodadura
Nos treitos máis urbanizados (desde a rotonda de Puxeiros ata o acceso ao polígono de Rebullón e na zona da glorieta de Rebullón), que son os que presentan máis danos, levantarase toda a actual pavimentación e aplicarase unha nova capa de rodadura.
Tamén se renovará e completará a sinalización horizontal e vertical, limitando o tráfico a 50 km/h nas zonas de travesía con beiravías e a 30 km/h nas zonas urbanas.
Beirarrúas e aparcamentos
Estenderanse as beirarrúas na marxe esquerda da estrada ao pasar a ponte da A-55, xa que na actualidade carece de beirarrúas co conseguinte perigo para os peóns. Ademais dotarase este tramo de varandas e repararanse as lousas levantadas ou rotas.
Así mesmo, os traballos tamén inclúen a creación dunha área de aparcamento no contorno do Hospital de Rebullón, e instalaranse 3 pasos de peóns elevados en Puxeiros, fronte do Colexio Lar e do hospital.
Finalmente, substituirase a rede de abastecemento municipal que transcorre entre as glorietas do Rebullón e de Puxeiros, na actualidade moi deteriorada e con continuas roturas que afectan ao pavimento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155