Sanidade fai recomendacións para un uso responsable das piscinas
Vixilancia sanitaria das piscinas de toda a comunidade galega
Os titulares deberán manter as instalacións nas condicións hixiénico sanitarias axeitadas para evitar a transmisión de virus, bacterias e fungos
A Consellería de Sanidade, a través dos seus respectivos departamentos territoriais, realiza a vixilancia sanitaria das piscinas de toda a comunidade galega.
Dende a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública lémbrase aos usuarios de piscinas de uso colectivo unha serie de normas para que o desfrute e uso das instalacións non supoña ningún risco para ninguén. Isto é publicado na páxina web do Sergas (http://www.sergas.es), na área Sanidade Ambiental do apartado Innovación e Xestión da Saúde Pública
Algunhas delas son ducharse antes de mergullarse na auga, para así eliminar o suor, bronceadores e calquera tipo de produto aplicado na pel. É importante utilizar chancletas e nunca entrar ao recinto con calzado de rúa, así como evitar que os máis pequenos corran arredor da piscina, para evitar escorregadas.
Á hora de bañarse, os usuarios deben ser prudentes cando se lancen de cabeza ou se tiren do trampolín, comprobando sempre que non haxa ningún bañista mergullado. Ademais, Sanidade recorda o perigo de bañarse, particularmente en auga fría, se non transcorreron polo menos dúas horas da última comida.
En canto a preservar o medio, é esencial non deixar desperdicios tirados no recinto, e facer uso das papeleiras e recipientes dispoñibles nas inmediacións.
Lémbrase que está prohibida a entrada de animais nas instalacións da piscina, agás os cans guías.
Recomendacións sanitarias
O 11 de outubro de 2013 publicouse o Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico sanitarios das piscinas, que actualiza a normativa vixente nestas instalacións e inclúe as piscinas unifamiliares e as pertencentes a conxuntos inmobiliarios ou comunidades de veciños, que terán que cumprir algúns dos artigos deste real decreto.
Neste caso Sanidade publicou unhas recomendacións sanitarias que poden consultarse na súa páxina web.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191