Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 20 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

‘O que hai que ver’ de Fulano Mengano e Citano pechará o domingo a Festa da Rosa deste ano

Trátase dun espectáculo teatral en clave satírica pensado para non parar de rir

A concelleira mosense Sara Cebreiro lembrou hoxe que esta fin de semana remata a programación organizada con motivo das Festas da Rosa 2015, que se pechará o domingo cunha actividade moi especial e divertida.

 

O domingo 21 de xuño Fulano, Mengano e Citano traerán a Mos o seu espectáculo ‘O que hai que ver’, dirixido a público adulto e que representarán no Multiusos das Pozas a partir das 20.00 horas. A entrada será de balde.

 

‘O que hai que ver é unha versión, en pequeno formato, do espectáculo "Top Manta", na que se contan -en clave satírica- unha serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un cóctel explosivo que arrincará o sorriso constante do público.

 

Trátase dun espectáculo para rir por non chorar, como soe dicirse, e entre o elenco de actores intérpretes conta con Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal baixo a dirección deste último.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.