Ponteareas
Imputado por “circular ebrio e nunca ter concertado o seguro do vehículo”
A Policía Local de Ponteareas informou da “imputación dun condutor que circulaba ebrio co seu vehículo pola rúa Real, sen ITV e sen ter concertado nunca o Seguro Obrigatorio de Automotores” segundo veñen de facer público dende o Concello. Os feitos aconteceron o sábado pola tarde cando “os axentes estaban realizando un control de alcoholemia e observaron aproximarse un vehículo, modelo Seat León, que circulaba, segundo a declaración dos propios policías ‘dando bandazos no seu propio carril’”.
Os axentes pedíronlle que parara “pero o condutor non se detivo nun primeiro momento, tendo que ser obrigado a incorporarse na zona de control”. O piloto foi sometido a unha proba de alcoholemia que ofreceu unha taxa positiva, polo que foi imputado e citado por xuízo rápido. Ademais, a Policía Local informa de que “tiña a ITV caducada e de que nunca tivera concertado o SOA, a pesar de que o vehículo tiña unha data de matriculación do ano 2004”.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, destaca a “importancia dos controis rutineiros que realizan os axentes e o gran labor que desenvolven para garantir unha maior seguridade nas estradas no municipio, preservando a vida de todos os veciños e veciñas da vila”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101