Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Deportes

Este domingo celébrase o II Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade Tui-Valença

Ademais da competición, este sábado pola tarde realizaranse obradoiros técnicos gratuítos nos pavillóns municipais de Valença do Minho

[Img #19270]O Salón de Plenos do Concello de Tui, acolleu a presentación do II Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. A competición disputarase este domingo 28 de xuño, dende as 10.30h, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

 

Na presentación ante os medios estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Ángel Capón Rey, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do Comité Organizador do Campionato, Eduardo Méndez Sanjurjo e os responsables dos Departamentos de Kung Fu moderno e de Tai chi, Aarón Blanco e José Antonio Parada respectivamente.

 

A programación que rodea o Campionato de Kung Fu é moi variada. Así, este sábado haberá obradoiros técnicos totalmente de balde para quen estea interesado, nos pavillóns municipais de Valença. De 17h a 18h impartirase un curso de defensa persoal integral e de 18.15h a 19.15h un obradoiro de defensa persoal feminina. As horas de realización das actividades son españolas. Os interesados poderán inscribirse no Ximnasio Di- Som Tui no teléfono 986 601 563 ou en info@disomtui.com

 

Este domingo é a quenda do II Campionato Ibérico de Kung Fu tradicional e moderno, que se disputará dende ás 10.30h no pavillón deportivo municipal. Nel participarán arredor de 400 deportistas, procedentes de Galicia, Portugal e de seis autonomías de España.

 

A entrada ao pavillón de Tui é gratuíta. Deste xeito, ata ás 13h desenvolveranse as diferentes modalidades deportivas en tres zonas de competición, dependendo das categorías. A continuación, e unha vez rematadas as probas, farase entrega de trofeos e medallas aos vencedores.

 

Pola súa banda o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo agradecer “o labor da Eurocidade e de Eduardo Méndez Sanjurjo, organizador do Campionato”.

 

O II Campionato Ibérico de Kung Fu está organizado pola Eurocidade Tui-Valença e pola Federación Galega de Kung Fu. Colabora, a Xunta de Galicia, Deporte Galego, Galicia Saudable e Di- Som Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.