En 2013 asinouse o convenio que posibilitou esta actuación entre a CH do Miño-Sil e a Deputación de Pontevedra
O río Louro na senda da súa recuperación ecolóxica
O resultado destas actuacións é a restauración da canle e marxes do río e a mellora da senda fluvial que discorre entre os camiños Noveleda e Da Gata
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou os traballos de ordenación da canle e marxes río Louro ao seu paso por Mos.
Esta mañá, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e a alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo, supervisaron o resultado dos traballos que hoxe mesmo se abren para uso e desfrute dos veciños e visitantes do municipio.
O río Louro tiña a triste fama de ser un dos tres máis contaminados de España. Agora amosa a senda para a súa recuperación total
Estas actuacións de mellora ambiental do ámbito dos ríos están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), nas que o Ministerio investiu máis de 530.000 euros, cunha porcentaxe de financiamento do 80% pola CHMS e o 20% restante pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Actuacións
O resultado destes traballos é a mellora da canle e marxes do río Louro e a recuperación da senda fluvial que discorre entre os camiños Noveleda e Da Gata, moi afectados polas sucesivas enchentas que provocaron o arrastre do pavimento e a derruba e socavación das beiras en diversos tramos do río.
Para dar solución á problemática detectada, procedeuse á ordenación da canle mediante unha limpeza selectiva desta, respectando a vexetación de ribeira, todo iso para recuperar, consolidar e previr erosións provocadas polas recorrentes enchentas do río Louro.
Por outra parte, para estabilizar os taludes máis debilitados, realizáronse técnicas de bioenxeñería procedendo, nas zonas con máis problemas, á execución dun novo dique con bloques de granito e á reconstrución dos muros menos deteriorados.
En canto á mellora da senda, que abarca un tramo de aproximadamente 2,7km, se procedeu á súa limpeza e roza, preparando o terreo existente para a execución dun novo pavimento de material ecolóxico capaz de soportar a erosión e arrastre de materiais nos momentos de intenso caudal que puidesen provocar inundacións. Como complemento ás actuacións descritas executáronse novos elementos de drenaxe, como elementos de protección da senda contra a forza da auga.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213