Provincia
Tres persoas resultaron feridas tras colidir unha moto e unha bicicleta en Vigo
Un total de tres persoas resultaron feridas ao colidir unha moto e unha bicicleta na avenida Gran Vía de Vigo, no cruce ca rúa Venezuela. Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia informou a Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil de Vigo. O accidente tivo lugar ao redor das 21:30 horas de onte.
Por outra banda, o CAE 112 Galicia rexistrou esta madrugada outra colisión na N-550, á altura do concello de Teo, na parroquia de San Xoán de Calo. Neste caso, un turismo colidiu contra o muro dunha vivenda e o condutor resultou ferido de gravidade, segundo afirmou o particular que alertou ao 112 Galicia. De seguido, informouse a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Teo. Ademais, requiriuse a presenza dos efectivos do GES de A Estrada, que se encargaron das tarefas de limpeza da vía. O accidente ocorreu ao fío da 1:15 horas de hoxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213