Galicia
O consello xeral do INSS aproba un cambio de criterio para os afectados de silicose de 1º grao
Dende a CIG reclaman un cambio normativo que protexa as persoas expostas a pó silicótico
O Consello Xeral do INSS, reunido no día de hoxe, aprobou proceder a un cambio de criterio sobre o o tratamento asistencial aos traballadores/as afectados/as de silicose de 1º grao. Deste xeito, recoñecerase a Incapacidade Permanente Total para quen presente esta doenza e na súa empresa non exista un posto de traballo alternativo libre de pó.
Até o de agora o INSS viña negando este recoñecemento, polo que os afectados/as se vían obrigados/as a longos procesos xudiciais con resolucións contraditorias.
A proposta de modificación da actual normativa foi presentada pola CIG hai máis dun ano, sendo aprobada por unanimidade, para propoñer a súa ratificación polo consello xeral do INSS, na reunión do grupo de traballo creado ao efecto en resposta á súa petición sindical que tivo lugar o pasado día 19 de xullo. Se ben a resolución non recolle todas as pretensións da central, xa que instaba a un cambio normativo e non só de criterio, significa un importante paso “na conquista de dereitos para uns traballadores/as afectados/as por unha grave e irreversíbel doenza que non lles daba lugar a ningún tipo de protección social ante a obrigada perda do emprego”.
Este recoñecemento é unha vella reivindicación sindical que, a instancias da CIG -e acompañada de mobilizacións dos traballadores/as- foi tratada en varias ocasións no Parlamento español sen que até o día de hoxe se visen resultados positivos.
A pesares do avance que significa a nova postura do INSS, a CIG seguirá a insistir “na necesidade dun cambio normativo que clarifique e mellore a situación dos traballadores/as expostos/as a pó silicótico. No caso de Galiza trátase, fundamentalmente, daquelas persoas que traballan nos sectores do granito e da lousa”””. A central leva anos loitando para e mellorar as condicións laborais dos empregados/as destes sectores.
Neste senso, resaltan outros importantes logros. “Despois de longos procesos xudiciais temos conseguido que en máis de 60 empresas do sector transformador no país se teñan recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación similares aos do sector extractivo. Isto é, a posibilidade de xubilarse antes de cumprir a idade establecida na lexislación debido ás condicións nocivas do posto de traballo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115