Mos
Dous accidentes múltiples sáldanse con cinco persoas feridas
Dúas persoas resultaron feridas esta mañá tras colidir dous turismos e unha furgoneta en Mos cando circulaban pola A-55, en sentido Vigo. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia ao fío das 11:00 horas de hoxe e, de seguido, informouse a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Emerxencias Municipal.
Por outra banda, o 112 Galicia tamén rexistrou esta mañá outro accidente no que se viron implicados catro vehículos. Neste caso, tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia, segundo informaron os efectivos de Protección Civil. A colisión tivo lugar no medio da ponte que une Vilanova coa Illa de Arousa e, segundo afirmou o particular que alertou ao 112 Galicia, os vehículos obstaculizaban a circulación. Unha vez recibida a alerta, pasados uns minutos das 11:30 horas, o CAE 112 Galicia pediu a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Vilanova de Arousa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180