Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 27 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Tomino

Localizan o corpo sen vida do mozo desaparecido cando nadaba no río Miño, en Goián

Os piscólogos do GIPCE se sumaron ó operativo de busca do menor desaparecido no Miño

Os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes (GIPCE), alertados polo persoal do CAE 112 Galicia, estiveron prestando apoio e atención especializada á familia do menor que desapareceu onte no Río Miño cando nadaba nunha praia fluvial en Goián, Tomiño.

 

Os equipos de rescate estiveron inspeccionando, sen éxito, a zona ata ben entrada a madrugada. Ás sete desta mañá, os efectivos de Protección Civil da localidade volveron ó río para continuar cos rastrexos.

 

Ó longo da xornada se sumaban outros equipos. Segundo relataron as testemuñas do suceso, o rapaz se bañaba xunto con outro mozo de 24 anos, que foi rescatado de inmediato por uns veciños e que se atopa en perfecto estado de saúde. Todo parece indicar que os rapaces foron arrastrados pola corrente do río. Durante os primeiros minutos, os particulares que conseguiron pór a salvo ó adulto aseguraron que tiveron ó menor á vista, pero logo lle perderon o rastro. Tras contactaren co 112 ás 16:55 horas de onte, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CAE, activou o protocolo de actuación en caso de accidente en zona transfronteiriza, ARIEM 112. Así, ó operativo de busca se uniron equipos de rescate de Portugal. Desde onte, traballaron na zona Bombeiros do Baixo Miño, que dobraron efectivos; membros do GES da Guarda, axentes de Protección Civil de Tomiño e a tripulación do Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia. Da outra beira do Miño, do país veciño, chegaron varios mergulladores pertencentes ao parque de bombeiros de Viana do Castelo e dos Bombeiros de Vilanova da Cerveira, que, a bordo dunha embarcación, fixeron rastrexos pola beira portuguesa. 

 

Finalmente o quipo de bombeiros da localidade de Caminha atopou o cadáver do mozo a uns 150  metros da ponte internacional.

 

O xuiz procedía ao levantamento do cadáver sobre as 13.00 horas de hoxe.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.