Ponteareas
Ponteareas izará a bandeira do Orgullo na Casa do Concello
O distintivo estará colgado no palco consistorial dende as 12:00 horas do vindeiro domingo, 28 de xuño, en sinal de "apoio ao movemento e de compromiso coa igualdade"
A bandeira do Orgullo Gai ondeará na Casa do Concello de Ponteareas a partir das 12:00 horas do próximo domingo 28 de xuño, con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTB.
O izado da bandeira do arco iris durante toda a xornada dominical pretende mostrar “o apoio deste goberno municipal”, a través da concellería de Igualdade que xestiona Verónica Carrera, aos “postulados que defende este movemento e, asemade, amosar un firme compromiso coa igualdade e un total respecto por todas as opcións sexuais” aseguran nun comunicado emitido dende o concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101