Galicia
Meteogalicia e a USC medirán a contaminación lumínica do ceo en Galicia
A web de Meteogalicia ofrecerá a información rexistrada por un sistema de 13 detectores instalados noutras tantas estacións meteorolóxicas co obxecto de medir o estado do ceo nocturno en Galicia
![[Img #19330]](upload/img/periodico/img_19330.jpg)
Meteogalicia e a Universidade de Santiago de Compostela colaboran para avaliar os niveis de contaminación lumínica e mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galicia. A consellería de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e o reitor da USC, Juan Viaño, ademais do secretario xeral de Avaliación e Calidade Ambiental, Justo de Benito, participaron esta semana na presentación da Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, que agora se pon á disposición da cidadanía e da comunidade científica.
Esta ferramenta é unha das primeiras e máis extensas redes públicas existentes a nivel mundial para a monitorización dos niveis de brillo do ceo provocados polas emisións artificiais de luz. A súa posta en marcha é froito da colaboración institucional entre Meteogalicia e o Grupo de Investigación en Microóptica e Sensores de Frente de Ondas da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Trátase dun servizo composto por 13 detectores instalados noutras tantas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia que recollen os datos obtidos desde a súa entrada en servizo progresivo nos anos 2013 e 2014. Os resultados desas medicións poden consultarse xa na web de Meteogalicia e mostra datos das medicións realizadas, que foron máis de 4,5 millóns durante o ano 2014.
A información contribuirá a acreditar determinados espazos como óptimos para a observación astronómica, a través do certificado ‘Starlight’ da Unesco
Durante a presentación, a conselleira destacou a calidade da información obtida polos detectores, onde se pode atopar valores tanto diarios, como mensuais ou un histórico de rexistros. “Estamos a falar dun servizo fundamental para coñecer o estado lumínico do ceo nocturno da nosa Comunidade con respecto aos seus valores naturais característicos”, indicou Vázquez, que subliñou que a ferramenta permite analizar a evolución das medidas de eficiencia enerxética en termos de redución da luminosidade nocturna, e mostra o aumento do brillo do ceo en relación cos seus valores naturais, sobre todo nas zonas con forte iluminación urbana.
Os 13 detectores instalados nas estacións automáticas de Meteogalicia están distribuídos entre zonas fortemente emisoras de luz, é dicir, as zonas urbanas e periurbanas, e as zonas de menor emisión lumínica, como son as áreas rurais e de montaña ou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Froito das medicicións pódense extraer datos como que nas estacións rurais, de montaña e nas situadas no Parque Nacional da Illas Atlánticas o brillo cenital en noites despexadas é entre 1,6 e 4 veces superior ao que se considera nunha noite escura en condicións naturais. Ou que nas áreas urbanas o brillo cenital típico en noites despexadas é entre 10 e 40 veces superior ao correspondente a unha noite escura en condicións naturais.
Trátase dunha das primeiras e máis extensas redes públicas existentes a nivel mundial destinadas á monitorización dos niveis de brillo do ceo provocados polas emisións artificiais de luz
Pero ademáis estes datos teñen moito interese para as actividades astronómicas. En concreto existe unha iniciativa, encadrada na UNESCO, denominada Startlight, que certifica que as condicións dos ceos nocturnos permiten unha observación astronómica de calidade. A rede presentada debe servir para conquerir este tipo de certificacións e polo tanto diversificar os intereses turísticos destes lugares.
Ademais de para unha mellor planificación das medidas de eficiencia enerxética, a información que proporciona esta rede ten moito interese para as actividades astronómicas. En concreto existe unha iniciativa, promovida pola Unesco, denominada Startlight, que certifica que as condicións dos ceos nocturnos permiten unha observación astronómica de calidade. A rede que se presentou esta semana debe servir para conseguir este tipo de certificacións e polo tanto diversificar os intereses turísticos dos lugares que aspiran a acadar o distintivo Starlight.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191