Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos critica as obras da Senda do río Louro

Arévalo acusa a GañaMos de "falsas denuncias"

[Img #19364]Dende Gañamos informan, a través dun comunicado, que seus membros veñen de percorrer o paseo do río Louro para avaliar as obras recentemente inauguradas.

 

Dende este grupo da oposición critican que “o propio día da inauguración as papeleiras estaban en mal estado ou cheas de lixo e ao día seguinte varios traballadores do concello continuaban facendo labores de limpeza e retirada de materiais”.

 

Denuncian que a marxe esquerda do río “quedou totalmente abandonada, as ilegalidades urbanísticas e o ‘feísmo’ seguen á vista dos usuarios dun sendeiro concibido para gozar das ribeiras do río e do seu ecosistema. Proba disto son os muros de naves industriais derrubados sobre o leito que non foron retirados, o que supón o incumprimento parcial dun dos principais obxectivos do proxecto que era ‘a demolición, limpeza e retirada de obstáculos no leito do río’”.

 

Aseguran que na “pasada lexislatura foron invertidos 1.680.000 € nestas obras que marchan coas riadas tódolos invernos. A mala xestión que dos recursos públicos fai o goberno do PP está privando ao noso concello de obras verdadeiramente necesarias como beirarrúas nos principais viais do concello, a reforma integral do Camiño de Santiago ou un circuito peonil que comunique o Multiusos con Dornelas e Torroso”.

 

Dende GañaMos tamén demandan “un verdadeiro control sobre as construcións ilegais, e o cumprimento da lei que dí que as ribeiras fluviais, aínda cando sexan de dominio privado, quedan suxeitas á servidume de uso público en ámbalas dúas marxes e ao longo de todo o curso do río; e a unha zona de policía de 100m. de ancho na que se condicionará o uso do solo e as actividades que nel se desenvolvan”.

 

Por último critican que a “descoordinación e a improvisación foi xeneralizada como mostra a propia denominación do proxecto, que de denominarse inicialmente ‘Paseo do río Louro’ pasou despois a ser ‘Sendeiro Ecolóxico do río Louro’, aparecendo na nova sinalización como ‘Senda do río Louro’”.

 

 

"Falsas denuncias"

 

O Concello de Mos aclarou recentemente a través dun comunicado de prensa “a realidade sobre o paseo do Río Louro”.

 

En primeiro lugar a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, instou ó grupo municipal GañaMos a que "se paren a pensar antes de falar de despilfarro, pois o Concello non investiu nin un só euro no paseo, senón que foi íntegramente financiado por outras administracións, dixo. Así mesmo a rexedora local aclarou que a inversión total neste sendeiro ecolóxico é de 680.000 euros (200.000 da construcción inicial da senda fai seis anos e 480.000 euros das últimas melloras acometida) e non de 1.680.000 como aseguran dende GañaMos". Engadindo que “xa empezando polas cifras non son rigorosos e nin sequera se achegan á cantidade real, falan de oído e sen documentarse antes, algo que é moi grave” di a máxima responsable municipal.

 

[Img #19375]

 

Neste sentido Arévalo asegura que "a única pretensión por parte de GañaMos é a de confundir ós veciños, en primeiro lugar respecto das cantidades económicas investidas e en segundo lugar sobre o estado do paseo". “Aurora Giráldez e Roberto Rodríguez denuncian en prensa os restos de construcións nunha zona do río Louro que, en primeiro lugar, é privada e é o particular propietario o que ten que proceder á retirada dos escombros que dende a súa propiedade caíron ó cauce e, polo cal, xa ten aberto un expediente sancionador”, explicou a Alcaldesa, quen engadiu ademais que “esa zona esta na marxe contraria ó paseo e non ten nada que ver co mesmo”; insistindo no afán dos membros de GañaMos por “confundir mediante a mentira máis descarada”.

 

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil é coñecedora da existencia destes restos e actuará en consecuencia, segundo informan fontes municipais, que aclaran que a obra de mellora do Sendeiro Ecolóxico do Río Louro está avalada por todo tipo de informes técnicos, tanto municipais coma do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. É por elo que a alcaldesa pregúntase se os membros de GañaMos saben máis que os profesionais do sector ou se ben estas falsas acusacións son debidas ó atrevemento da ignorancia.

 

Arévalo aproveitou tamén para instar a GañaMos “a que se centren e deixen de estar de espaldas ós veciños, porque se aínda non o saben, a do Paseo do Louro foi a obra máis demandada e a máis agradecida polos habitantes de Mos”.

 

Por último, a rexedora local mosense lamentou "o profundo descoñecemento dos membros de GañaMos, que propoñen ter investido os cartos do paseo en viais, no Camiño de Santiago ou noutra senda peonil, algo totalmente imposible tendo en conta que os fondos concedidos pola Confederación Hidrográfica teñen que ser investidos en ríos, como é lóxico, nunca en estradas nin en calquera outro fin". “Se os 680.000 euros adicados ó río Louro en Mos non fosen destinados á mellora do seu contorno e cauce, houberan ido a parar a calquera outro río de calquera outro Concello”, argumentou Nidia Arévalo; quen rematou lamentando que “probablemente o que quería GañaMos era iso, que non se houbesen destinado eses cartos ó municipio de Mos.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.