Mos
O Club de Natación Mos logra dous metais no Campionato Galego
A nadadora Alicia Davila conseguiu unha prata en 50 metros braza e un bronce en 100 metros braza
O Club de Natación informou da súa participación nos Campionatos Galegos Absolutos obtendo uns excelentes resultados con dous metais obtidos pola nadadora Alicia Davila Silva.
A pasada fin de semana celebrouse o Campionato Galego Absoluto de Natación na piscina do Complexo Deportivo Rías Sur, Pontevedra. Nesta competición a nadadora mosense Alicia Davila do Club de Natación Mos realizou unha actuación maxistral conseguindo unha medalla de prata en 50 metros braza e unha medalla de bronce en 100 metros braza. Alicia, nadadora habitual do Campionato Galego e que xa participou nos Campionatos de España, é para o Club de Natación Mos un exemplo a seguir para os mozos e mozas mosenses, demostrando que o deporte forma unha parte importantísima na formación da infancia e da mocidade, segundo declarou o presidente do Club, Roberto Carlos Rodríguez Dasilva.
O presidente lembrou tamén que o Club de Natación Mos compite ademais nas Copa de Clubs e Liga Benxamín e Alevín, e dende fai xa once anos ven traballando por crear alternativas no deporte.
Os interesados en obter máis información sobre o Club ou en pasar a formar parte do mesmo poden poñerse en contacto telefónico co presidente no seguinte número 637764368.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217