Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 03 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Amplíanse as prazas do Campus Celta-Concello de Mos ó cubrirse xa as 60 ofertadas

A iniciativa deportiva foi presentada esta mañá no Concello de Mos pola alcaldesa e o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, coa presencia do porteiro mosense do equipo, Rubén Blanco

[Img #19377]Esta mañá levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Fundación Celta de Vigo para a realización do II Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco. O acto de sinatura celebrouse ás 11.00 horas no salón de sesións do Concello de Mos coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes de Mos, Germán Arteta Torres, director da Fundación Celta de Vigo, Rubén Blanco, porteiro mosense do Real Club Celta, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga (en cuxo campo se realizará o campus) e outros membros do equipo de goberno local.

 

O Campus desenvolverase do día 13 ó 17 de xullo no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro-Tameiga. O horario de desenrolo deste campus de fútbol infantil será de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá, cun descanso para comer algo e beber auga para hidratarse.

 

Ó inicio do campus os rapaces participantes (con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos) recibirán unha equipación Adidas composta por calcetíns, pantalón e camiseta. O prezo do campus para os nenos e nenas empadroados en Mos é de 50 euros gracias á subvención aportada polo Concello e por varias empresas do municipio, senón o custe para cada participante sería moito máis elevado.

 

Tal e como informou esta mañá o concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez, as 60 prazas iniciais para participar no campus xa están cubertas, por iso se ampliarán para que poidan acudir máis cativos.

 

Os pequenos participantes no campus compartirán unha das xornadas co porteiro do Celta e veciño de Mos, Rubén Blanco, que lles fará unha visita sempre que a súa axenda deportiva llo permita.

 

A metodoloxía que utilizan os monitores da Fundación Celta de Vigo neste campus baséase no traballo de catro áreas fundamentais: coordinación, técnico-táctica, multideporte, e competición. O sistema para impartir a formación ós xogadores é rotativo, de xeito que ó longo da mañá tódolos cativos participantes no campus vaian pasando polas catro diferentes áreas de traballo.

 

Esta metodoloxía é a mesma que se emprega nas categorías inferiores do Real Club Celta e que foi recentemente recoñecida como a mellor canteira de España. Ademais a formación especializada deste campus está impartida por adestradores da canteira do Real Club Celta de Vigo.

 

Os pequenos mosenses participantes nesta iniciativa recibirán tamén ó longo da semana charlas sobre os valores no deporte e como inculcarllos ós xoves deportistas, e nutrición e hábitos de alimentación saudables. Trátase pois dunha actividade perfectamente equilibrada entre o lúdico e o formativo sen deixar de lado a educación en valores. E é que mediante a celebración deste campus preténdese empregar a práctica deportiva entre os máis xoves como ferramenta transmisora de valores como son a solidariedade, creatividade, traballo en equipo, sacrificio, superación, respecto, humildade e compañeirismo.

 

Os obxectivos deste Campus son, segundo explicou Nidia Arévalo, rexedora local mosense, “facilitar ós pais e nais mosenses a conciliación da vida familiar e laboral unha vez iniciadas as vacacións estivais dos máis pequenos, fomentar a práctica do deporte nas idades máis temperás, así coma educar ós cativos participantes en valores e promover hábitos alimenticios saudables e equilibrados”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.