GALICIA
Facenda lembra que mañá 8 de xullo remata o prazo de inscrición nas oposicións para cubrir 409 prazas na Xunta
A Consellería de Facenda lembra que o vindeiro mércores, 8 de xullo, remata o prazo de inscrición nas oposicións para a cobertura de 409 prazas na Administración xeral da Xunta. Dende a apertura do prazo de presentación o pasado 19 de xuño, un total de 11.644 aspirantes xa se inscribiron para participar nestes procesos.
Nestas convocatorias ofértanse 82 prazas de acceso libre, ás cales pode opositar calquera persoa que queira traballar na Xunta de Galicia e conte coa titulación correspondente. Estas prazas cubriranse polo sistema de oposición. Ademais, a Xunta convocou outras 327 prazas reservadas para a mellora e a promoción profesional daqueles traballadores que xa son funcionarios. Estas prazas cubriranse a través do sistema de concurso-oposición.
Das 11.644 persoas xa inscritas nestes procesos selectivos, 5.962 aspiran a acceder ao corpo auxiliar (subgrupo C2) e 3.832 ao corpo administrativo (subgrupo C1). Pola súa parte, no corpo de xestión (subgrupo A2) contabilizáronse polo momento 1.152 aspirantes, mentres que no corpo superior (subgrupo A1) foron 698.
Estas oposicións permitirán reforzar distintos corpos de funcionarios da Administración xeral da Xunta de Galicia. En concreto, 65 prazas serán para o corpo superior (A1) e 50 prazas para o corpo de xestión (A2), que permitirán reforzar eidos da Administración como a inspección e a loita contra a fraude. Ademais, a Xunta convoca 100 prazas para persoal administrativo (C1) e 194 prazas para auxiliares (C2).
As persoas que desexen participar nestas oposicións deberán cubrir e presentar un modelo de solicitude que se pode obter gratuitamente na páxina web da Xunta de Galicia, así como aboar a taxa correspondente.
As convocatorias reservan 31 prazas para as persoas con discapacidade. Neste sentido, a Oferta de Emprego Público (OEP) da Xunta para 2015 incluíu por primeira vez un espazo específico para a discapacidade intelectual, con prazas reservadas para as persoas con este tipo de discapacidade.
Oferta de Emprego Público
A Xunta incluíu neste 2015 un total de 1.163 prazas nas súas ofertas de emprego público, o que supón multiplicar por catro o número de prazas incluídas na oferta de emprego do pasado ano. A oferta de emprego público para este ano conta con 446 prazas para persoal docente, 344 prazas para persoal sanitario e 373 para persoal da Administración xeral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123