Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 08 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os mosenses xa contan con transporte ata o novo hospital

As liñas ó novo complexo hospitalario irán aumentando segundo se vaian trasladando máis especialidades médicas ó mesmo

[Img #19407]A concelleira de Mobilidade mosense, Kely Monzón, informou da prolongación das liñas de transporte interurbán do sur de Vigo para chegar ata o novo hospital Álvaro Cunqueiro. Algunhas destas liñas son as que xa ían ata o Meixoeiro, que no caso de Mos teñen parada no Alto de Puxeiros, Cela, Alto de San Colmado e CUVI, e que por suposto continuarán indo ó Meixoeiro mentres continúe en servizo.

 

Monzón explicou que esta iniciativa atópase incluída no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia e que estas liñas irán sendo ampliadas progresivamente a medida que aumenten as especialidades médicas xa desprazadas ó novo hospital.

 

O Concello de Mos remitirá durante os vindeiros días unha circular a tódalas asociacións do municipio na que se informará ás diferentes agrupacións dos novos servizos de transporte interurbán que comunican co novo hospital.

 

En total son 4 as compañías de transporte que operan nesta zona e que comunican dende hoxe co novo hospital: Ojea, Atsa, Auto Industrial e Melytour; facendo un total de 29 viaxes diarias: 14 expedicións de ida e 15 de volta entre as 7.08 horas da mañá ata as 20.55 horas da tarde.

 

Plan Municipal de Transporte

 

Por outra banda a edil delegada do departamento municipal de Mobilidade comentou que a administración local mosense atópase á espera da resolución por parte da Xunta do Plan Municipal de Transporte para poder sacalo a concurso e que sexa posto en marcha pola empresa concesionaria. “Tamén convocaremos unha reunión coas asociacións para tratar este tema e explicarlles as propostas do Concello para as rutas circulares dos buses-lanzadera e que elas presenten as súas aportacións ou nos fagan suxerencias de mellora de cara a optimizar o servizo”, explicou Kely Monzón.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.