Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 09 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

O Concello de Tui negociará co ORAL, para dar solución a “acumulación de recibos da auga que afecta a moitos veciños da cidade”

O alcalde de Tui, invita a que todos os cidadáns afectados presenten reclamacións por rexistro de entrada, e logo dende o concello negociarán co ORAL a posibilidade de que poidan fraccionar o pago

[Img #19446]O Concello de Tui negociará co ORAL para fraccionar o pago “das facturas acumuladas que recibiron moitos veciños da cidade”.  Esta acumulación dos pagamentos “débese a falta de lectura dos contadores no período do cuarto trimestre do ano 2013 e polo tanto, agora están a chegar facturas nalgúns casos desorbitadas xa que o non haber lectura o consorcio facturou un consumo estimativo” explican dende o concello.

 

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, explica que “isto ocorreu porque o anterior goberno municipal, antes de entrar o novo consorcio, decidiu xuntar os recibos e facturas pendentes nunha anualidade, para logo traspasarlle o servizo ó consorcio. Enrique Cabaleiro dá conta que para levar isto a cabo, tramitaron un procedemento que entende coma irregular”.

 

O rexedor de Tui deu conta do informe realizado pola tesoureira do Concello, no que fai constar que “a falla da lectura dos contadores correspondentes ó cuarto trimestre do ano 2013 é debida a unha falta de responsabilidade do persoal dedicado a este traballo, e por conseguinte tamén do responsable político do mesmo”. Todo isto ten como resultado un agravio a aquelas casas pechadas ou que consumen pouco, xa que se lles aplicará un consumo non real. Pola contra, aquelas vivendas que gastan moito veranse beneficiadas porque se lles aplicará un consumo mínimo.

 

O alcalde de Tui, invita a que todos os cidadáns afectados “presenten reclamacións por rexistro de entrada, e logo dende o concello negociarán co ORAL a posibilidade de que poidan fraccionar o pago”.

 

Para aqueles que xa pagaron o recibo, Enrique Cabaleiro insiste que “presenten igualmente as reclamacións por rexistro de entrada”. O rexedor tudense quixo destacar que esta decisión de acumular os pagos foi tomada o 5 de marzo do 2015, asinada polo anterior alcalde, e “non é responsabilidade do goberno”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.