Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 11 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Comezan a traballar en Mos os brigadistas anti incendios deste verán

Os novos traballadores asistiron onte a unha reunión de coordinación e o luns iniciarán os seus labores preventivos

[Img #19452]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Medio Ambiente, Julia Loureiro, mantiveron onte no Concello unha reunión cos operarios das brigadas anti incendios que empezarán a traballar o vindeiro luns, día 13 de xullo. A xuntanza tivo o obxectivo de coordinar o servizo estival de prevención contra incendios, así como de equipar ó persoal contratado a tal fin cos uniformes e demais material necesario e correspondente ós seus respectivos postos.

 

As instalacións do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, sitas na Veigadaña, serán tamén sede destas novas brigadas locais contra incendios (2 cuadrillas e 6 conductores para dous vehículos motobomba) e acollerán ademais durante o verán ás 7 cuadrillas do SEAGA. Deste xeito convivirán un número aproximado de 50 persoas nestas dependencias municipais ó longo da presente tempada estival. O SEAGA é a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos que presta servizos en materias forestais, especialmente os relacionados con prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais. Deste xeito Mos será durante o verán centro neurálxico e estratéxico a nivel provincial no que a prevención e loita contra incendios se refire.

 

O municipio mosense contará ó longo deste verán con 15 traballadores adicados á prevención de incendios forestais, xa que a consellería de Medio Rural e do Mar concedeu unha nova subvención para a contratación de persoal, en concreto de 4 operarios máis (3 peóns e 1 capataz), que se suman ós 6 condutores motobomba e ós outros 5 operarios que Medio Rural xa lle concedera previamente ó municipio mosense.

 

Neste sentido a rexedora local e o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, asinaron un convenio de colaboración subscrito entre a consellería e a entidade local de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, FEADER.

 

Gracias a este convenio contratáronse un total de 15 persoas, 6 conductores de vehículos motobomba e 9 operarios. A contratación dos conductores motobomba prolongarase durante 5 meses e medio, mentres que os operarios manuais terán un contrato de 3 meses.

 

A edil Julia Loureiro destacou a importancia destas contratacións durante a tempada estival xa que “os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado, senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural; de ahí a enorme necesidade da actuación preventiva”, dixo. E é que tódolos municipios de Galicia están declarados de alto ou medio risco de incendio.

 

As brigadas contratadas para actuar no Concello de Mos desenvolverán labores de vixilancia e defensa e realizará traballos de prevención de forma manual. Serán accións combinadas de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos.

 

Os traballos da brigada manual consistirán en actuacións en zonas non mecanizables mediante tratamentos silvícolas como rozas, rareos e posterior eliminación de restos; e tratamentos preventivos con actuacións mecanizadas mediante desbroces.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.