Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 19 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Xunta e Concello colaboran na posta en marcha dun bus urbano que se integrará no Transporte Metropolitano de Vigo

A nova liña facilitaralles aos veciños de Mos o acceso en transporte público ao novo Hospital público de Vigo

[Img #19509]A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colaborará co Concello de Mos na posta en marcha dunha liña de autobús urbano, que se integrará no Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. Este foi o principal asunto abordado na reunión que mantiveron en Santiago a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

 

Ethel Vázquez trasladoulle á alcaldesa que a Dirección Xeral de Mobilidade está a ultimar a análise da proposta para a posta en marcha deste servizo e brindou a colaboración técnica necesaria para a súa posta en marcha.

 

A posta en marcha dunha liña de autobús urbano en Mos implicará importantes beneficios para os veciños, xa que suporá novos descontos para os usuarios do Plan de transporte metropolitano. Así, a Dirección Xeral de Mobilidade e o Concello coordinarán os servizos diarios, as paradas e a información relativa a esta nova de liña de autobús, que permitirá aos veciños de Mos que empreguen o servizo de autobús metropolitano poderán transbordar gratuitamente nesa liña urbana.

 

A modo de exemplo, grazas a este novo servizo un veciño de Louriñó poderá coller un autobús para desprazarse polo municipio de Mos e a continuación tomar a liña interurbana cara Vigo sen aboar máis que os 0,85 euros  que lle custará este último traxecto si o aboa coa tarxeta TMG.

 

Ademais, a nova liña facilitaralles aos veciños de distintos núcleos de Mos o acceso en transporte público ao novo Hospital público de Vigo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.