Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 18 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Comunidade de Montes de Santa María otorga unha subvención de 3.890 € á AAVV de San Benito e San Sebastián

[Img #19514]O Presidente e Secretario da Comunidade de Montes do Porriño mantiveron onte unha reunión coa Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño para asinar un convenio de colaboración para dotar de novo equipamento á asociación para poder desenvolver máis actividades.

 

Esta subvención, de 3.890 euros, permitirá á asociación de veciños realizar diferentes adquisicións entre os que destacaron varias carpas, maquinaria e equipamento para eventos así como un moderno equipo de proxección audiovisual para realizar proxeccións tanto no interior como ao aire libre.

 

O Presidente da Comunidade de Montes, Santiago González Carballal, destacou que esta acción se enmarca na labor de apoio da Comunidade de Montes ás asociacións e aos vecinos e veciñas da parroquia de Santa María e o novo material aquirido pola asociacion vai redundar en benefico para todos os veciños, que é o noso obxectivo.Os beneficios da correcta xestión do monte comunal revirten deste xeito, no benestar dos nosos veciños e veciñas, afirmou.

 

Pola súa parte a Presidenta da Asociación de Veciños, Carmen Rodríguez Martínez, agradeceu en nome da Asociación o apoio da Comunidade de Montes, e destacou a gran labor que esta realiza no manemento do monte comunal dos porriñeses, nomeadamente o espazo natural de A Risca, e afirmou que o novo material recibido vai servir para impulsar a acción da asociación de veciños e por en marcha novos proxectos para disfrute dos veciños e veciñas, algún dos cales, se anunciará en breve.Asimesmo, ambos presidentes se emplazaron a seguir colaborando no futuro con actividades conxuntas que permitan mellorar a calidade de vida dos porriñeses e porriñesas.

 

Unha asociación en expansión

 

A presidenta da Asociación afirmou tamén que o novo local, o novo material o aumento do ámbito de actuación da asociación a toda a parroquia e o éxito dos últimos eventos organizados son pasos importantes para impulsar a labor da mesma no seu obxectivo de mellorar a vida dos barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos, feito que está permitindo aumentar o número de socios. Neste sentido, informou que xa se mantiveron contactos co novo equipo de goberno local e que en breve, se presentará ao mesmo o Informe de Necesidades dos Barrios, un documento que recolle os principais problemas e necesidades duns barrios que necesitan un apoio decidido do Concello para recibir un impulso social, económico e de infraestructuras.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.