Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

En agosto chega a Mos unha nova edición da Festa da Prehistoria

O concurso ‘Unga-Unga’ e o ‘1º Campeonato Intertribal de Tiro con Propulsor’ serán algunas das novidades

[Img #19520]A segunda fin de semana de agosto o Parque da Penacova volverá a converterse nun poboado Neolítico para celebrar a XIV edición da Festa da Prehistoria. Na primeira xornada,  o venres 7 de agosto, as tribus participantes acabarán de instalarse nas súas cabanas á espera da apertura oficial de actividades, que será ás 20:00h.

 

Máis tarde celebrarase o concurso ‘Unga-Unga’, novidade que os organizadores pretenden manter en segredo ata o mesmo momento por tratarse dunha proba espontánea coa que pretenden sorprender aos centos de visitantes que acoden ás festas. A partir das 22:00 h a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) dirixirá un observatorio de astronomía cunha charla previa na que os asistentes podrán saber como se orientaban na antigüedade grazas ás estrelas. Esta actividade terá un atractivo especial ao coincidir co ‘fenómeno das Perseidas’, una chuvia de meteoros de alta actividad que coincide nestas datas.

 

[Img #19521]O día seguinte, día central da festa,  a partir das 10 da mañán, e durante todo o día, celebraranse obradoiros  de pintura rupestre e corporal, de como facer lume, fabricación de ‘ferramentas líticas’ ou mesmo de caza con propulsor.

 

Este último obradoiro servirá para que os asistentes poidan participar no ‘1º Campeonato  Intertribal de Tiro con Propulsor’  outra das novidades nesta edición.

 

Despois do xantar terá lugar o acostumado ‘Enfrontamento de Tribus na Lapiñeira da Fraga’, unha cova granítica próxima ao parque da Penacova. Despois da batalla as tribos serán recibidas pola tribu anfitriona para dar paso aos xogos e competicións das ‘Olimpiadas da Prehistoria’.

 

Ás  19:3Oh a compañía Asacocirco ofrecerá un espectáculo circense adaptado á Prehistoria e ás 20:30h terá lugar un ‘Rastrexo Diurno de Recolectores Cazadores’.

 

Ás 21:00h Peter Punk ofrecerá un monólogo e o grupo de percusión africana Wontan amenizará a cea.         

     

Á media noite o ritual de Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova  dará paso ás actuacións musicais de ‘Wontan’, o ‘Amijo da Peluquera’ e ‘Blues do País’.

 

Os interesados en participar como tribo deberán poñerse en contacto coa asociación cultural Festa da Prehistoria  no e-mail: festadaprehistoria@gmail.com ou no facebook da festa.

 

Roteiro

O sábado 15 completaranse ás actividades  cun roteiro polo Sendeiro Histórico da Parroquia de Mos (PR-G 67) que os organizadores  realizan para visitar varias cavernas graníticas e dous xacementos do Calcolítico  existentes no percorrido. A saída será ás 9 da mañán dende A PENACOVA, con parada para unha comida campestre e volta ás 19:00h aprox. Ao remate, o ferreiro David Correa ofrecerá un obradoiro de fundición da Idade do Bronce.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.