O Porriño
Un operario sufriu queimaduras nunha man a causa dunha fuga de amoníaco no Porriño
Unha fuga de amoníaco no túnel de conxelación dunha fábrica situada no Polígono das Gándaras, no Porriño, provocou queimaduras nunha man a un operario. O ferido foi evacuado por unha ambulancia de Urxencias Médicas, que acudiu ó lugar tras a alerta do CAE 112 Galicia. A fuga xa está controlada e o amoníaco diluido en auga, polo que se descartan danos para a poboación e para o medio ambiente.
A válvula que regulaba o paso do gas rebentou cando o operario a estaba manipulando. De inmediato, o resto dos traballadores abandonaron a sala e se puxeron a salvo mentres agardaban a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño. Os efectivos do parque comarcal regaron a zona e cortaron o subministro xeral. Agora será o persoal de mantemento da fábrica quen faga as reparacións e os controis necesarios.
Os xestores do 112 Galicia activaron o operativo ás 15:40 horas desta tarde despois de recibir información dos Bombeiros do Baixo Miño. A partir de aí, se avisou, tamén, a Urxencias Médicas, Protección Civil do Porriño, Policía Local e Garda Civil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191