Salceda de Caselas
O PP de Salceda impugnará o acordo plenario no que se aprobaron as dedicacións
A ausencia dun concelleiro e a ‘incorrecta votación do alcalde para desfacer o empate’ motivan que os populares vaian presentar un recurso contencioso administrativo
O Partido Popular de Salceda de Caselas impugnará, a través dun recurso contenciosos administrativo, a votación realizada no pleno no que se aprobaron as dedicacións do alcalde -13 de xullo-, concelleiros e persoal de confianza por un importe de 160.500 euros. “E é que, independentemente de que consideramos un gasto excesivo para os tempos que corren, o proceso de votación non se desenvolveu correctamente, pois a corporación municipal non estaba constituída ao cen por cen faltando un concelleiro do PSOE e ademais na terceira quenda de votación, cando o alcalde desfai o empate a seis co seu voto de calidade, este non alzou a man como legalmente debería facer”, sinala o presidente local do PP e concelleiro, Santiago Rodríguez Davila.
“O alcalde escúdase dicindo que trala dimisión do número 2 socialista contaba con 10 días para convocar o pleno extraordinario onde se dera conta da renuncia, pero non explica por qué aproveita a ocasión para incluír na mesma sesión a aprobación dos soldos. E é que segundo se recolle no artigo 38 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, trala constitución da corporación non existe un prazo para establecer as dedicacións, si existe un prazo de 30 días para establecer a regularidade dos plenos, as comisións informativas ou a xunta de goberno, pero para aprobar os soldos de alcalde e concelleiros pódese tardar un mes, dous ou tres, non hai un prazo establecido, o que ocorre é que ao alcalde interesáballe a situación na que se atopaba o pleno de onte, onde non estaba representado o cen por cen da veciñanza de Salceda de Caselas dada a ausencia dun concelleiro do PSOE e, consecuentemente, sabía que co seu voto de calidade levaría adiante a súa proposta de salarios” explican nun copmunicado.
Dende o PP pregúntanse que “por que non esperou a que a corporación estivese oficialmente formada, coa nova incorporación dos socialistas, para aprobar as dedicacións? Pois simplemente porque sabía que dese xeito nunca se chegarían a aprobar os soldos. Porque ben sabe tamén que, se hai un acordo previo dos portavoces, este pleno poderíase pospoñer unhas semanas ata a incorporación do novo concelleiro, e así celebrar a sesión como di a lei, con todos os membros da corporación local” aseguran.
Rodríguez Davila subliña que a situación vivida no pleno “lembra a vellos tempos ditatoriais, a falla de rigor, das formas e da dignidade política. En resumo unha acción de covardía política sen precedentes na historia da democracia do noso Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22