Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 22 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Morea promocionará o comercio local do Porriño

Deseñou un conxunto de accións recollidas no Plan de Comunicación no que pretenden marcar unha estratexia de acción coordinada entre todos os socios para acadar o obxectivo de promocionar a imaxe do comercio porriñés e por en valor as súas fortalezas e amplitude de oferta de servizos e productos

[Img #19572]A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Dona Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, compareceron hoxe en rolda de prensa para presentar o Plan de Comunicación do Centro Comercial Aberto Morea que ten como obxectivo promocionar a imaxe do Centro Comercial Aberto “Morea” do Porriño a través da realización dun conxunto de accións enfocadas a difundir un comercio de calidade e competitivo en tres eidos ben diferenciados: o comercio de cercanía e a súa progresiva difusión dixital, a oferta segmentada sectorialmente para por de manifesto a amplitude e calidade da diversa oferta de servizos e productos do CCA, e tamén a potenciar a imaxe do comercio porriñés no eido metropolitano e transfronteirizo e ante o turismo e o Camiño Xacobeo.

 

Para elo, o CCA Morea, deseñou un conxunto de accións recollidas no Plan de Comunicación no que pretenden marcar unha estratexia de acción coordinada entre todos os socios para acadar o obxectivo de promocionar a imaxe do comercio porriñés e por en valor as súas fortalezas e amplitude de oferta de servizos e productos. Asimesmo, ademáis de potenciar as súas ferramentas dixitais e redes sociais (páxina web e paxina de  Facebook CCA Morea e a nova conta de Twitter @ccamorea_acipor) estableceu un calendario de accións a desenvolver nos vindeiros meses co obxectivo de gañar presencia e difundir e promocionar o comercio local.

 

Juana Pérez: “é un paso máis cara a modernización do noso comercio local”

 

A presidenta do CCA Morea, Juana Pérez, manifestou que este plan de comunicación “é un paso máis cara a modernización do noso comercio local e na procura de abrirnos ao futuro dixital no que estamos inmersos, a dar tamén importancia a tódolos sectores do CCA Morea, e a tratar de gañar presencia a nivel metropolitano e como concello transfronteirizo co Norte de Portugal de cara a gañar potenciais clientes do nestes nichos de mercado.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.