Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 23 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

O Hospital Álvaro Cunqueiro realiza o seu cuarto traslado

[Img #19582]Dende o luns, día 20, dáse un paso máis no proceso de traslado dos servizos ambulatorios do CHUVI ao Hospital Álvaro Cunqueiro, co inicio da actividade dos gabinetes técnicos e consultas de Pneumoloxía, Uroloxía e do Aparello Dixestivo. O HAC atenderá ese día a 620 pacientes das consultas externas de todas as especialidades que xa están pasando consulta nas novas dependencias. Estas consultas están emprazadas no bloque ambulatorio, na planta -1. En total, ao longo da semana hai citados 3141 pacientes, que xa acudirán a este hospital para recibir atención especializada.


De xeito paralelo ao incremento da actividade, incrementa tamén o número de profesionais nese centro sanitario. Esta semana incorpóranse 44 traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, de tódalas categorías profesionais: 17 facultativos, 24 profesionais sanitarios (Enfermeiras e Técnicos) e o resto, traballadores do cadro de persoal non sanitario. No momento actual o novo hospital conta xa con máis de 250 profesionais do CHUVI traballando nas súas dependencias.


Esta é a primeira fase do traslado destes servizos, que inician a súa actividade asistencial na área ambulatoria e que, tal e como establece o cronograma previsto, nas vindeiras semanas irase completando coa atención á hospitalización e posteriormente ás urxencias.

 

Sala específica de Recuperación
O Hospital Álvaro Cunqueiro conta con 60 gabinetes para realizar técnicas ambulatorias das distintas especialidades, e unha Sala de Recuperación para aqueles pacientes que tras ser sometidos a algunha técnica diagnóstica ou terapéutica das especialidades de Uroloxía, Dixestivo e Pneumoloxía, deben permanecer un par de horas baixo control e con coidados sanitarios antes de ser dados de alta. O novo dispositivo asistencial conta con 8 postos, está monitorizado e dotado con persoal de atención especifico.


Para o xefe do Servizo de Pneumoloxía, Alberto Fernández Villar esta sala é unha das dotacións máis subliñables do hospital e “enmárcase na mellora funcional e cualitativa que supón a área ambulatoria, e os pacientes beneficiaranse de mellores condicións e dunha maior confortabilidade”-.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.