Mos
Muiños denuncia o incremento nos recibos do Consorcio do Louro
O Concelleiro Socialista de Mos, Emilio Muiños, reclama unha rectificación inmediata por parte dos xestores da EDAR, en mans privadas, e da súa xunta directiva formada polos catro alcaldes, de Mos, O Porriño, Salceda e Tui. Asegura que “Nos meses de maio, xuño, xullo, e xa agosto estase a cobrar bimestres atrasados ós veciños para solventar os atrasos nos cobros cos que iniciaron a xestión o un de xaneiro de 2014”.
Segundo Muiños, “o que se aprobou foi unha cuota de 107,76 euros anuais repartidos en 6 recibos de carácter bimensual de 17,96 euros, e cas cifras xa xiradas ós veciños, o consorcio tan so podería cobrar un recibo mais este ano para chegar a ese tope, correspondente as lecturas de maio e xuño do presente ano. De seguiren con esta progresión para actualizar os seus propios erros, a final de ano os veciños virán pagando de saneamento 143,68 euros este ano” explica.
As cantidades increméntanse nos casos dos usuarios que dispoñen tamén de servizo de abastecemento de auga pública, que se cobra no mesmo recibo, segundo explica o concelleiro socialista.
Para muiños “este é o resultado da privatización do servizo por parte dos anteriores rexedores dos catro concellos e con maioría do PP, primeiro un incremento de 49,39 euros a 107,76 que se vendeu ós veciños como unha ‘rebaixa’ por ser un pago ‘en diferido’ ou ‘en cómodos prazos’, e agora este descontrol”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101