Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas homenaxeou aos seus maiores nos xardíns da residencia Santa Ana

A coñecida como “Festa do Avó” non se celebraba dende hai catro anos, polo que o goberno municipal apostou por retomar unha actividade que serve como mostra de respecto ás persoas maiores do concello

[Img #19622]Os xardíns da residencia ponteareá Santa Ana foron testemuña da homenaxe que os maiores e as maiores da vila do Tea recibiron de parte de varios representantes do goberno local, entre os que estaban a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, e o rexedor municipal, Xosé Represas.

 

Catro anos máis tarde da última “Festa do Avó”, máis de 80 persoas, usuarias da residencia de maiores Santa Ana, do centro de día e socios da Asociación de Maiores de Ponteareas, puideron gozar dunha sesión vespertina con merenda, cea, coloquio e mesmo baile para amenizar unha xornada que rende unha merecida homenaxe ás persoas maiores do municipio.

 

A concellería de Benestar Social escolleu a véspera do Día de Galicia para organizar un acto no que tamén participaron os traballadores e as traballadoras que acompañan no día a día aos maiores e ás maiores de Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.