GALICIA
A Xunta reúne aos directores xerais de urbanismo da autonomía para presentarlles a nova Lei do Solo
O anteproxecto da Lei do Solo foi aprobado o 15 de xullo polo Consello da Xunta para ser remitido ao Consello Económico e Social como paso previo ao inicio do trámite parlamentario
A Xunta de Galicia reuniu a pasada semana aos distintos directores xerais de Urbanismo da Autonomía galega para presentarlles a nova Lei do Solo e sumar as súas achegas ao camiño da ordenación e protección do territorio da Comunidade. A conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, xunto coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha xuntanza cos responsables de Urbanismo dos gobernos galegos na que abordaron en detalle o novo texto legal.
Ethel Vázquez subliñou “a relevancia de someter a que será unha das normas máis importantes de toda a lexislatura á análise e consideración de quen ao longo destes anos, no exercicio das súas responsabilidades, contribuíu a crear unha Galicia máis ordenada e mellor desenvolvida”.
Vázquez concretou que con esta reunión a Xunta quere seguir traballando na nova Lei do Solo, compartindo experiencias e enriquecendo o debate sobre a necesidade de desenvolver un urbanismo responsable en toda a comunidade.
A titular de Territorio precisou que todos os presentes na xuntanza comparten o principio básico de responsabilidade que sustenta a nova Lei do Solo, na busca dun urbanismo que propicie o desenvolvemento e contribúa a dinamizar o rural galego; que faga a todos partícipes na posta en valor e na protección efectiva da paisaxe; e garanta instrumentos de planificación adaptados ás necesidades dos concellos.
A conselleira de Medio Ambiente indicou que serán de grande utilidade as consideracións e achegas que trasladen os directores xerais de Urbanismo da Xunta, xa que contar coa súa experiencia acumulada será unha importante axuda para lograr a ordenación que Galicia necesita.
Diálogo e consenso
Cómpre lembrar que o anteproxecto da Lei do Solo foi aprobado o 15 de xullo polo Consello da Xunta para ser remitido ao Consello Económico e Social como paso previo ao inicio do trámite parlamentario.
Ethel Vázquez sinalou que este documento, que naceu do diálogo, busca o máximo consenso e ten vocación de permanencia, incorporando oito de cada dez alegacións que se fixeron ao documento inicial. Trátase do resultado da participación pública, de meses de consultas e de conversas con 75 axentes a través dunha trintena de encontros sectoriais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213