Mos
Peter Punk actuará o domingo nas Festas de San Mamede de Torroso
Será a partir das 19:00 horas da tarde no recinto de festas
Peter Punk presenta en Mos o seu novo espectáculo "Peor imposible". A madureza dun paiaso irreverente, canalla, inconformista e políticamente comprometido. A cita será o próximo domingo día 2 as 19:00 horas no recinto de festas de Torroso, con motivo da celebración das festas patronais de San Mamede; a devandita actividade para desfrute de público en familia está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Mos.
Isaac Rodríguez métese de novo na pel de Peter Punk, que para moitos é o mellor paiaso galego do momento, para enfrontarse á realidade a golpe de humor e un anaco de mala baba. Estrea “Peor imposible”, o seu cuarto espectáculo, co que consolida a súa colaboración con Walter Velázquez, prestixioso dramaturgo arxentino, que actualmente dirixe o novo montaxe do Teatro Nacional Cervantes de Bos Aires.
O paiaso galego e o director arxentino teceron fermosas imaxes e complexos equilibrios cos comentarios ácidos característicos do personaxe ata construír un espectáculo irreverente e comprometido. Humor "retranqueiro", números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuíto da morte e un evocador final cun arriscado equilibrio son algúns dos fíos dos que está feito “Peor Imposible”, unha proposta clown nacida en Galicia e punteira a nivel internacional que pronto chegará a todas as prazas e teatros do país.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123