GALICIA
Os representantes dos traballadores de extinción piden dimisións pola “nefasta” actuación política
Aseguran que dende o día 16 de xullo "levan ardidas máis de 2000 Ha, o equivalente a 2000 campos de fútbol"
Ante a vaga de lumes que sofre Galicia nas últimas datas, os representantes dos traballadores de extinción non tardaron en pedir dimisións pola que califican de “nefasta actuación política" dos dirixentes da Consellería de Medio Rural que “poñen de manifesto a súa inaptitude para xestionar a situación de emerxencia que estamos vivindo este verán”.
Nun comunicado conxunto os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF sinalan que “dende o día 16 de xullo levan ardidas máis de 2000 Ha, o equivalente a 2000 campos de fútbol, superando xa no 2015 as 4900 Ha ardidas, máis do dobre que no ano 2014 na que arderon segundo os datos oficiais da Consellería 2002,6 Ha”.
Nesta situación de emerxencia, onde perigaron non so medios forestais senón tamén casas e vidas humanas en moitos lugares de Galicia, aseguran que “a Consellería segue a actuar do mesmo xeito ano tras ano, dando declaracións a prensa de datos ficticios dos efectivos cos que realmente conta, xa que, os datos de persoal que aparecen no PLADIGA 2015 para nada son un reflexo da realidade existente no monte”.
Denuncian "multitude de prazas vacantes nos 19 distritos sen cubrir por aforrar cartos"
“Os traballadores viñamos advertindo dende había tempo o abandono total que se está producindo no Servizo Público de extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia, por parte dos dirixentes da Consellería de Medio Rural e do Mar: multitude de prazas vacantes nos 19 distritos sen cubrir por aforrar cartos, material técnico e mecánico obsoleto e disgregación do dispositivo público en multitude de empresas que orixinan descoordinación. Basta xa, de aludir á climatoloxía e aos incendiarios para ocultar o absoluto fracaso na xestión da actual Conselleira e do seu Secretario Xeral na loita contra os lumes, xestión unicamente baseada na propaganda, os recortes e as mentiras”.
Por todo isto dende as Organizacións Sindicais CCOO, CIG, CSI-F e UGT piden a dimisión “inmediata do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes e da propia Conselleira. Asemade esiximos a apertura inmediata dunha mesa de diálogo onde abordar os problemas que asolan o Servizo Público de extinción de incendios forestais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213