GALICIA
UGT-Galicia saúda o bo dato do paro pero advirte de que preto de 100.000 contratos nun mes "evidencian precariedade"
Con preto de 120.000 parados sen ningún tipo de cobertura urxen "a posta en marcha da prestación de ingresos mínimos que UGT está a impulsar a través dunha ILP"
Os datos referidos ao comportamento do desemprego no mes de xullo de 2015 son bos, en canto ao descenso do número de parados, tanto no mes como en relación a hai un ano, aínda que son moitas as outras variables analizadas que reflicten un mercado laboral contraído, marcado pola precariedade, no que se cronifican as situacións de desemprego para moitas persoas e xa son moitos os fogares que carecen de ingresos.
Por todo isto, UGT-Galicia considera que non son momentos de triunfalismos, hai que seguir traballando para que se cree máis emprego, que este sexa de calidade, evitando as situacións de pobreza laboral que cada día son máis frecuentes e garantir as taxas de protección social necesarias para que non continúen medrando conxunturas para os fogares marcadas polas grandes dificultades.
Concretando as cifras que se fixeron públicas hoxe, estas indican que no mes de xullo houbo 216.371 desempregados en Galicia, baixando un 5,54 por cento en relación a xuño e un 9,95 por cento en relación a hai un ano. De feito, esta é a Comunidade autónoma na que a caída do paro en termos relativos é maior, achegando o 17 por cento do total da baixada do desemprego no Estado.
Un comportamento mellor que no resto do Estado, onde o paro baixa tamén pero menos, o 1,8 por cento no mes e un 8,45 por cento no ano. Así, a cifra de desempregados en todo o Estado é a día de hoxe de 4.046.276 persoas.
O sindicato alerta da precariedade na contratación e os altos niveis de rotación laboral
De novo, un mes máis hai que poñer de manifesto a contracción na poboación en idade de traballar pola saída de efectivos cara fóra e o retorno de inmigrantes cara os seus países de orixe.
Por sexos, no mes o desemprego cae en ambos casos pero moito máis entre os homes, o 6,28 por cento, fronte ao 4,91 por cento no caso das mulleres. En termos interanuais o descenso do paro tamén beneficia máis aos homes.
Provincialmente, o paro cae en todos os territorios, o 7,38 por cento en Lugo, o 5,68 por cento en Ourense, o 5,44 por cento en Pontevedra e o 5,14 por cento en A Coruña. En termos interanuais tamén baixa en todas as provincias.
Por idades, destaca a caída interanual entre os menores de 25 anos, nun 24,1 por cento, pola xa indicada saída de efectivos de Galicia cara a búsqueda de traballo noutros territorios, así como, polo cambio poboacional.
En relación aos sectores, benefícianse todos da caída do desemprego pero, por tratarse da temporada estival, o que achega unha maior caída, tanto en termos relativos como absolutos, é o dos servizos, cun 6 por cento de baixada no mes, o 68,5 por cento do total da caída do desemprego. Interanualmente, tamén baixa en todos os sectores, con maior contundencia na construción, un 18,7 por cento, e na industria, un 17 por cento.
Contratación temporal
A contratación medra un 16 por cento, subindo un 16,9 por cento os contratos temporais, fronte ao 4,02 por cento dos indefinidos. Así, a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total é no mes de xullo de tan só o 6,1 por cento, sumado isto a que en Galicia no mes asináronse 98.931 contratos, evidencia a precariedade na contratación e os altos niveis de rotación laboral. É dicir, o mercado laboral non consigue consolidarse.
Outro dos aspectos que lle preocupa especialmente ao Sindicato é que, aínda que é certo que baixa o desemprego, non se pode esquecer que aqueles que aínda están en situación de paro o están a pasar cada vez peor. A cifra de beneficiarios de prestacións por desemprego en Galicia están en mínimos históricos, 110.279 persoas, pero é que hai 118.783 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura.
As prestacións perden peso
A taxa de cobertura en Galicia non supera o 52,5 por cento. Pero é que, ademais, cada mes que pasa é maior a dependencia das prestacións de carácter non contributivo, xa que representan xa o 61,2 por cento as modalidades asistenciais. Que quere isto dicir?, que cada vez son máis os parados que están perdendo os seus dereitos, teñen que recurrir ás prestacións asistenciais que hai que lembrar que non superan, de media, os 426 euros ao mes, fronte aos 764 das contributivas.
Finalmente, a análise da afiliación á Seguridade Social indica que a media é en Galicia de 957.879 e, aínda que mellora no mes nun 1,48 por cento, esta Comunidade segue moi afastada do millón de afiliados de antes da crise.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22