GALICIA
A CIG alerta do incremento no número de contratos temporais
Para este sindicato os datos do paro rexistrado do mes de xullo revelan "a elevada rotación do mercado de traballo e súa progresiva precarización"
O número desempregados e desempregadas anotadas no Servizo Público de Emprego (SEPE) acadou en Galiza no mes de xullo as 216.371 persoas (12.691 parados/as menos con respecto ao mes anterior). Unha evolución positiva no paro rexistrado que se repite cada ano neste período por mor das contratacións da campaña de verán. Porén, estes datos contrastan coa elevada contratación temporal e o continuado descenso da taxa de cobertura.
A este respecto dende a Confederación Intersindical Galega subliñan que dos 98.931 contratos asinados en Galiza durante o pasado mes, só 6.035 (6,10%) se inscribiron baixo algunha das modalidades de contratación indefinida existentes. Os restantes 92.896 contratos rexistrados teñen carácter temporal, o que da unha idea clara da elevadísima rotación do mercado de traballo e das precarias condicións laborais que isto conleva.
O pasado mes rexistráronse 92.896 contratos de carácter temporal
Neste senso lembran dende este sindicato que das cifras de contratación, 73.785 corresponden a contratos temporais asinados no sector servizos, principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra.
Paro o Secretario Confederal de Finanzas, Ramiro Oubiña, este dato, “que en cifras absolutas pode parecer positivo, é un dato baleiro” se non se analiza que tipo de emprego se está a xerar. A este respecto, apunta que, no caso de Galiza, os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística para o ano 2014 indican que o 36% dos contratos realizados neste período foron a tempo parcial.
Por iso, bota en falta que “na análise política que o PP fai do desemprego non se entre a valorar en profundidade a cifra total de contratos a xornada completa e a xornada parcial, e dentro desta o número de horas de traballo por contrato”. “A caída do paro en máis 12.000 persoas en Galiza é positiva e esta é a análise superficial que fai o PP ás portas dunhas eleccións. Pero se desagregamos os datos podemos chegar a conclusións dramáticas: non se está creando emprego, senón que onde antes había posto de traballo, agora hai tres postos precarizados”.
Outro dato significativo para o Secretario Confederal de Finanzas da CIG sobre as condicións do mercado laboral refírese a que, aínda medrando as altas na Seguridade Social, os ingresos desta están en caída dende o ano 2008. Unha merma que atribúe –entre outras cuestións- ao espectacular incremento dos contratos a tempo parcial que implican cotizacións máis cativas. “O que está a facer o PP é repartir a miseria”, asegura.
Xunto a isto, Ramiro Oubiña denuncia a gravísima perda de poboación activa no noso país, ligado especialmente á emigración entre a xente máis nova e mellor preparada.
Descenden os parados que perciben prestación
Asemade, a porcentaxe de parados/as que perciben algún tipo de prestación continúa descendendo, sendo no mes de xuño 110.279 as persoas que perciben algún ingreso (fronte ao total de 216.371 persoas inscritas no SEPE). Deste colectivo, unicamente 42.840 (38.9%) desempregados/as reciben prestación contributiva, fronte ás 52.361 persoas que perciben un subsidio, as 12.762 que cobran a Renda Activa de Inserción e as 2.316 cuxos ingresos proceden do denominado Programa de Activación de Emprego.
É dicir, de cada 100 parados/as só 51 cobra algún tipo de prestación, mentres que no mesmo período do ano pasado, eran 54,2 os desempregados e desempregadas con prestación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121