Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 04 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O Grupo de Teatro de Mulleres de Mos presenta na Xunta a súa última obra, de autoría propia

Concello e actrices piden axuda á Secretaría Xeral de Igualdade para manter este proxecto non só cultural, senón “terapéutico” para as participantes segundo elas mesmas aseguran

[Img #19694]

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, presentaron onte na Secretaría Xeral de Igualdade o proxecto municipal de teatro en feminino que botou a andar xa no ano 2011.

 

As representantes municipais acompañaron ás integrantes do Grupo de Teatro Mulleres na Igualdade do Concello de Mos, formado por dez actrices e dúas mestras, á reunión que mantiveron onte pola mañá en Santiago de Compostela coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

 

Estas dez mulleres puideron trasladarlle onte á secretaria xeral o que supón para elas a súa actividade teatral, xa que dende que se iniciaron no teatro moitas puideron superar complexos, outras sacar forzas para solucionar problemas familiares ou atopar momentos de evasión. Todas coinciden ó afirmar que para elas “o teatro é unha terapia”. E é que todas elas teñen nais maiores e/ou fillos ó seu cargo e, segundo elas mesmas afirman, durante as horas de ensaio ou función é cando poden, e realmente logran, “desconectar” das preocupacións.

 

É por isto que tanto as propias mulleres do grupo de teatro como as representantes locais decidiron ir a presentar este proxecto ante a administración autonómica, para solicitar a axuda da Xunta de Galicia e a súa colaboración para que o Concello poida continuar a subvencionar este obradoiro teatral. Neste sentido a secretaria xeral, López Abella, tendeulles a man para tratar de buscar algunha axuda de cara a garantir a financiación das clases e comprometeuse a tratar de concertarlles a estas mulleres mosenses unha actuación en cada unha das catro provincias galegas dentro da rede de teatro autonómica.

 

As actrices mosenses e as súas profesoras aproveitaron tamén para presentarlle á secretaria xeral a súa última obra, ‘As Ghaliñas de Mos’, escrita e guionizada na súa integridade por elas mesmas. Trátase dunha obra que foi presentada con enorme éxito de afluencia nas pasadas Festas da Rosa, celebradas durante o mes de xuño, e da que se realizará un novo pase á volta das vacacións do grupo, alá para o vindeiro mes de outubro; “para que poida asistir a xente que non puido vela no seu estreo, xa que foron moitas as chamadas recibidas no Concello preguntando por ela”, explicou a concelleira de Política Social.

 

Esta obra é un punto de inflexión para o grupo, posto que os seus primeiros traballos foron todos de índole moito máis reivindicativa, mentres que este, ademais de ser de autoría propia, é en clave de humor pero sen perder de vista o papel da muller na sociedade. ‘As Ghaliñas de Mos’ narra como vivían as mulleres de antes, e moitas de agora tamén, o día da festa grande do seu pobo, xa que para elas era un dos días máis importantes do ano. A maioría do colectivo das mulleres galegas de mediana idade pódese sentir moi identificado con esta obra creada, ademais, por mulleres.

 

O Grupo de Teatro Mulleres na Igualdade ensaia no Multiusos das Pozas dúas veces por semana, os luns e os venres en horario de 10.00 horas a 12.30 horas. A este respecto a edil Sara Cebreiro informou de que se algunha persoa está interesada en pasar a formar parte do grupo pode inscribirse para comezar os ensaios o vindeiro mes de setembro, xa que esta agrupación está aberta a todos aqueles que desexen participar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.