GALICIA
Constitúese o consorcio provincial contra incendios de Ourense
Luis Menor destacou "a importancia de traballar coordinados entre todas as Administracións involucradas para seguir mellorando na eficacia, e na eficiencia, así coma na xestión deste importante servizo a prol dos cidadáns"
O director xeral de Emerxencias e Interior , Luis Menor asistiu hoxe á constitución do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento, que ten como obxectivo homoxeneizar o servizo e cubrir a totalidade da provincia de Ourense.
Luis Menor destacou a importancia de traballar coordinados entre todas as Administracións involucradas para seguir mellorando na eficacia, e na eficiencia, así coma na xestión deste importante servizo a prol dos cidadáns, e destacou as vantaxes organizativas, operativas e económicas que supón a creación dun consorcio provincial contra incendios, reducíndose os custos en 60.000 euros ao ano".
O obxectivo do Consorcio, que entrará en pleno funcionamento en xaneiro de 2016, é desenvolver competencias do servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento. O consorcio executará os labores de prevención, extinción de incendios e salvamento que se lles atribúen na lexislación aos entes consorciados, mediante a xestión e coordinación dos parques, para garantir a prestación homoxénea do servizo. Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens; a prevención e extinción de incendios; a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco; e o asesoramento e asistencia, formación e información en materia de seguridade, que afecten a persoas, edificacións e instalacións; así como o fomento da auto-protección
A Xunta e Deputación de Ourense consideran que a forma máis eficaz e eficiente de xestionar os distintos parques comarcais é a través dun único consorcio, e consideran esta fórmula como a organización idónea para facilitar a integración tanto dos actuais consorcios comarcais de Valdeorras, Verín, A Limia e O Carballiño- O Ribeiro xa existentes, como daqueloutros que se puidesen integrar, constituír ou equipar. Desta maneira, os catro consorcios comarcais cos que conta a provincia de Ourense serán disolvidos para a súa integración no consorcio provincial, e cada un achegará os medios técnicos e os recursos con que conta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213