GALICIA
A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia en contra a xestión privada das emerxencias
Para o sindicato CCOO a recente creación e constitución do Consorcio Provincial de Ourense “pretende afianzar e consolidar o modelo de xestión privada”
![[Img #19699]](upload/img/periodico/img_19699.jpg)
CCOO, e o resto de organizacións que forman a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia (MIB), cuestiona o modelo de xestión do recentemente creado Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense e as motivacións esgrimidas polo Director Xeral de Emerxencias.
O pasado día 31 de xullo tivo lugar a constitución do Consorcio Provincial para o servizo Contra Incendios e de Salvamento de Ourense, que pasará a absorber os existentes consorcios comarcais da provincia, coa idea manifestada de unificar as competencias nun único ente e homoxeneizar o servizo, tal e como foi recollido nos diversos medios de comunicación do país.
Este sistema de funcionamento amosa unha situación ‘anómala’ do servizo de bombeiros en Galicia con respecto tanto ao resto do estado como ás funcións que ten encomendadas, que precisan en moitas ocasións da potestade do exercicio da autoridade, e é que a maioría dos servizos son xestionados por empresas privadas, e non de forma directa pola administración.
"a xestión privada non pode dedicar ao servizo en si o 21% do IVE nin dedicará o 8% mínimo de beneficio empresarial"
O propio Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luís Menor, recoñecía o feito de que non se chegou a plantexar a financiación pública. É por iso polo que dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia insisten en que “xa se ten demostrado nunha comparativa entre dous parques case idénticos (Deza e A Rúa), onde o primeiro e de xestión directa e o segundo de xestión privada. Nada sorprendente con nocións elementais de matemáticas, se temos en conta que a xestión privada non pode dedicar ao servizo en si o 21% do IVE nin dedicará o 8% mínimo de beneficio empresarial, mentres que na xestión directa todo debe investirse no propio servizo ao cidadán”.
Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros explican que Galicia é a única comunidade do estado onde se dá esta situación de privatizacións, e polo tanto o 'extravagante' é manter este sistema que “o único que aporta de beneficio é aquel que as empresas, deixando de dedicalo ao servizo público, meten nos seus petos”.
Os representantes sindicais dos bombeiros presentaban o pasado 12 de febreiro unha “proposta de Regulamento de Bombeiros, tal e como a Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia recollía que debera estar feito no prazo dun ano dende a súa publicación”, onde solicitaban “a apertura de negociacións para poder avanzar na homoxeneización e o regulamento do servizo en toda Galicia”. Con motivo da manifestación levada a cabo o pasado 15 de maio, tamén solicitaron reunirse co propio Director Xeral, Luís Menor, para expoñerlle “as eivas do actual sistema e ofrecerlle a colaboración tanto do colectivo de bombeiros como dos sindicatos que os representamos”, sen que dita reunión se tivera levado a cabo, explican.
"a xestión de emerxencias de Galicia sofre de graves problemas que teñen a súa base principalmente no propio modelo de xestión indirecta"
Dende a MIB entenden que a xestión de emerxencias de Galicia sofre de “graves problemas que teñen a súa base principalmente tanto no propio modelo de xestión indirecta, introducido no servizo fai pouco mais dunha década, como do non desenrolo da citada Lei 5/2007, e por iso impulsamos e seguiremos a traballar para conseguir un servizo público, homoxéneo e igualitario de atención ás emerxencias para toda a poboación galega”.
Reclamacións tamén en Pontevedra
Na provincia de Pontevedra os Bombeiros do Porriño pertencentes ao Consorcio Provincial xa protagonizaron reclamacións de melloras nas súas condicións laborais explicando que "cando Xunta de Galicia e Deputacións Provinciais decidiron poñer a xestión en mans de empresas privadas, xa non dispoñen" das mesmas condicións que outros parques, aínda públicos, teñen" "ata o momento". Tal como os seus sindicatos afirman "un servizo de bombeiros privado implica precariedade laboral e menoscabo das condicións de traballo e seguridade para os seus efectivos", algo que repercute directamente na cidadanía.
Poñían como exemplo de diferenciación entre un servizo privatizado e un público, que "mentres os primeiros teñen un servizo mínimo de 3 persoas por saída, no caso dos bombeiros funcionarios se incrementa a 7 efectivos; deste modo tanto se a emerxencia se trata dun colector en chamas, unha nave industrial ou un edificio de 5 plantas, o risco laboral é maior para os pertencentes a un parque de bombeiros privatizado. E é que, se ben é certo que poden solicitar reforzos a outros parques, a realidade é que nunha emerxencia a primeira media hora é crucial tanto para poñer a salvo vidas, como para evitar males maiores.
Por todo iso e baixo o lema de "Rescátanos", bombeiros de todo o ámbito autonómico e nacional, concentrábanse o pasado 15 de maio ás 11.00 h en Santiago de Compostela co obxectivo de mellorar as súas condicións laborais e de seguridade na intervención en sinistros

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213