Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 06 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

A Eurocidade Tui-Valença organiza o “IV Torneo Eurocidade de Balonmán”

Realizarase este sábado 8 de agosto, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo de Tui

[Img #19712]Este sábado 8 de agosto, a partir das 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o “IV Torneo Eurocidade de Balonmán”, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán, no que se enfrontarán o S.D.Teucro, que participará a próxima tempada na liga ASOBAL, e o A.B.C.Braga.

 

Tras o éxito de organización por parte do Club Baloncesto Tui do Campus Joe Arlauckas, a Eurocidade Tui-Valença, volve a organizar, en colaboración co Club Balonmán Tui, un evento deportivo de máximo nivel, que enfrontará a dous equipos de balonmán de primeira división, sendo a entrada para os espectadores de balde.

 

No descanso deste partido, o club tudense organizará un partido entre os xogadores e xogadoras de categorías base, que acompañarán aos profesionais nesta cuarta edición do Eurocidade de Balonmán.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.