Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 05 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Música no Claustro celébrase este ano baixo o leitmotiv #contrastes

[Img #19716]A presentación oficial do festival Música no claustro tivo lugar a semana pasada na propia Catedral. A 11ª edición do festival realizarase do 7 ao 9 de agosto de 2015, baixo o leitmotiv #contrastes.

 

Samuel Diz, director artístico do festival, deu a benvida aos representantes das institucións patrocinadoras e medios de comunicación cun breve percorrido polos diferentes espazos do conxunto monumental catedralicio, coma os arcos románicos, o coro barroco, o museo da Catedral ou o Claustro, no que se descubriron in situ os diferentes concertos, obradoiros e actividades programadas para a vindeira semana.

 

A 11ª edición do festival realizarase do 7 ao 9

de agosto de 2015

 

Xunto á actuación da cellista Lucía Vicente Martínez, o percorrido rematou no xardín da Catedral. No acto de presentación estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, o cóengo da Santa Igrexa Catedral de Tui, Don Ricardo García, o xefe do Servizo de Coordinación Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, José Manuel González, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria, Elena Fabeiro.

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu ós coordinadores a realización deste evento, que "poñen á cidade nunha esfera que traspasa o ámbito local". Ademais -dixo- "Música no Claustro pon en valor o patrimonio e o valor humano, xa que nel moitos músicos novos de Tui poden comezar a actuar".

 

Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria, mostrou o "agradecemento coa organización de Música no Claustro e a satisfacción por poder participar".

 

José Manuel González, xefe do Servizo de Coordinación Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra  destacou "o esforzo das organizadores en realizar unha proposta clara e moi identitaria".

 

O cóengo da Santa Igrexa Catedral de Tui, Don Ricardo, quixo expresar que "Música no Claustro pon en valor principios locais e os dá a coñecer grazas a músicos da cidade". 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.