O Porriño
Policía e Garda Civil do Porriño deteñen ao presunto autor dun roubo en Carracido
Unha patrulla da Policía Local porriñesa detivo un xoven como presunto autor do roubo nunha vivenda particular como primeiro resultado dunha "discreta campaña especial de vixiancia iniciada o 3 de agosto" en colaboración coa Guardia Civil
Dende o pasado luns 3 de agosto, a Policía Local do Porriño, en colaboración coa Guardia Civil, está levando a cabo unha discreta e especial campaña de vixiancia por mor dos roubos que, como cada verán e aproveitando a ausencia dos donos nas vacacións, aumentan nestas datas.
Como resultados inmediatos, o pasado día, preto das 18.30 h, a Guardia Civil do Posto do Porriño, solicitaba o apoio da patrulla da Policía Local do Porriño tras recibir una chamada telefónica alertando do roubo que estaba acontecendo nunha vivenda sita en Carracido.
De inmediato, os axentes acudiron ata o lugar onde una veciña lles indicou que os ladróns todavía se atopaban no interior da vivenda, concretándolles cal era a casa obxecto do roubo. Os policías procederon a rodear a vivenda, un por cada beira, percatándose de claros indicios como unha fiestra aberta pola cal se podía apreciar o paso dos asaltantes.
O ‘botín’ estaba agachado no medio do monte onde os recuperaron unha maleta de cor marrón con diversas xoias e reloxios
Os ladróns xa corrían monte a través, feito polo que se dispuso a súa localización, que deu resultados tan só a 200 m da vivenda interceptando a un dos individuos que fuxía a pé, moi fatigado e aínda con restos de maleza na súa roupa.
Trátase presuntamente dun xoven de 20 anos de idade e natural de As Neves, ó cal nun cacheo superficial, atópaselle un ferro tipo cincel, luvas de cor negro e un teléfono móvil. Unha vez trasladado ata o Cuartel do Posto do Porriño ubicado en Torneiros para as correspondentes dilixencias, aínda que nun principio negaba a súa presencia na vivenda asaltada, finalmente manifestou ter agachado no medio do monte o sustraído, lugar ata onde acompañou de forma voluntaria ós axentes onde se recuperou unha maleta de cor marrón con diversas xoias e reloxios.
O segundo individuo fuxíu, aínda que gracias a colaboración dos veciños e dos datos aportados, non se descarta a súa detención en breve, xa que ademáis existen sospeitas razoadas de que poderían ser os mesmos autores dos roubos acontecidos fai uns días en Atios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61