Mos
O Servizo de Axuda no Fogar de Mos amplía o seu número de horas cubrindo a práctica totalidade da lista de espera
A partir de setembro todos os dependentes mosenses de grao III recibirán o servizo
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, daban esta semana a boa nova de que a partir de setembro serán 51 as persoas en situación de dependencia do municipio que reciban o Servizo de Axuda no Fogar, máis comúnmente coñecido como SAF. Isto será posible mediante a ampliación en 13 do número actual de veciños/as beneficiarios deste servizo, gracias ó incremento das horas asignadas ao Concello de Mos para a prestación de dito servizo.
Dende o 1 de xaneiro de 2012 ata o mes de xullo deste ano, as horas asignadas ao Concello de Mos para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar a persoas en situación de dependencia se incrementaron nun 67,54% (de 1.485 horas/mes a 2.488 horas/mes), o que permitiu incrementar a atención nun 33%; así como a intensidade no número de horas de atención nun 25%. E é que non só se incrementaron o número de persoas beneficiarias do servizo en 13 máis a maiores das actuais 38 –o que sumará un total de 51 usuarios-, senón as horas de prestación deste servizo pasando dunha media de 55 horas/mes a unha media de 69 horas/mes; segundo explicaron as propias representantes do goberno local.
O 29 de xullo deste ano procedeuse a un novo incremento de horas ata un total de 2988 horas ó mes, polo que o incremento total de horas dende o 1 de xaneiro de 2012 foi do 101,21%, o que supón un incremento no financiamento anual por parte da Xunta de Galicia de 174.949 euros ó ano. Deste xeito a administración autonómica pasará a aportar a Mos para a prestación do servizo un total de 347.803 euros ó ano. Unha cifra histórica para o Concello en xeral e para o departamento municipal de servizos sociais en particular.
En agosto de 2015, estanse a prestar 2.988 horas/mes de servizo
Este incremento do número de horas do servizo comezou durante o primeiro semestre deste ano, ó longo do cal foi incrementándose ata chegar a 2.988 horas/mes. A progresión ascendente é chamativa ó comprobar que en xaneiro de 2015 prestábanse en Mos 2.154 horas/mes de SAF, en marzo 2.429 horas/mes e actualmente, en agosto de 2015, estanse a prestar 2.988 horas/mes de servizo.
Con este incremento de horas será posible atender a un total estimado de 13 novos usuarios, o que permitirá incrementar a ratio de atención en 11,36 puntos, chegando a un 88,05% de atención que sitúa ao Concello na media da Comunidade Autónoma, posibilitando a atención do 100% de persoas grandes dependentes (grao III) e a prestación de servizo tamén a algunhas persoas de grao II, co que se verá considerablemente reducida a lista de espera.
Neste sentido, destacar tamén o esforzo económico realizado polo Concello xa que, aínda que o SAF está subvencionado pola Xunta, a administración local asume unha parte do copago.
Dende a administración local mosense levábase meses traballando para intentar ampliar o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas en situación de dependencia, polo que esta gran ampliación de horas considérase todo un logro.
O Concello de Mos cursou solicitude de dita ampliación á consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e ademais dispuxo dunha partida presupostaria do orzamento 2015 destinada a este servizo, ampliando para elo a contía da partida destinada a servizos sociais respecto do pasado ano 2014.
Detalles do servizo
Os beneficiarios do servizo son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato. O único requisito para poder optar a este servizo é estar en situación de dependencia e ter o SAF como recurso idóneo.
Este servizo cobre asistencias ós beneficiarios nos seus respectivos domicilios tales coma atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas na vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atencións de carácter psicosocial e educativo e, con carácter complementario, este servizo tamén incorpora outros tipos de atención como actividades de acompañamento, prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia.
O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. Os obxetivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia e retardar ou evitar a institucionalización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61