Ponteareas
As obras de reforma proxectadas do Paseo Matutino en Ponteareas non se acometerán 'pola falta de xestión do anterior Goberno Local'
O proxecto do PP para o Paseo Matutino é "inviable", segundo o informe da arquitecta e "carece da cesión de varios propietarios de terreos".
O proxecto para reformar unha parte da rúa Paseo Matutino non pode executarse, segundo o informe da arquitecta municipal, por non coincidir as condicións urbanísticas da rúa co proxecto promovido polo anterior goberno do Partido Popular. Ademais do informe técnico negativo, o proxecto tamén carece da cesión de varias parcelas de terreo necesarias para executar a obra. Dáse a circunstancia que algúns destes terreos que ocuparía a ampliación da rúa son propiedade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en mans do propio Partido Popular.
Esta situación impide executar a obra planificada polo goberno de Solla e pon en risco os 200.000 euros previstos con cargo ao plan de obras e fondos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Entre os problemas detectados que impiden que se acometa este proxecto de reforma da rúa figuran o ancho de vía, coa falta de adecuación á normativa urbanística en vigor, que establece un ancho de 18 metros fronte aos 16 metros proxectados.
Ademais disto, o goberno municipal vén de comprobar que o proxecto por desenvolver "ocuparía en parte terreos privados, sen que se fixese o preceptivo acordo de cesión ao Concello para poder executar as obras".
Para o alcalde, Xosé Represas, estamos ante un feito “gravísimo”, xa que "se pretendía actuar á marxe da legalidade urbanística e sen autorización dos propietarios de parte dos terreos".
Neste momento, o Goberno Local asegura que está traballando para realizar as xestións necesarias "para evitar a perda destes fondos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180