Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 12 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Goberno Local de Ponteareas reafírmase no cumprimento da normativa sobre instalación de terrazas

Acometerase a revisión de taxas para os meses de inverno, tal como adiantou o concelleiro de Comercio e Hostalería

[Img #19735]O Goberno Local de Ponteareas reafírmase no cumprimento da normativa sobre a instalación de terrazas na vía pública, aplicando a ordenanza vixente, e que contou co consenso do sector hostaleiro no seu momento, querendo establecer un criterio de control que ata o de agora non había, en beneficio do conxunto dos hostaleiros e da cidadanía.

 

Lago asegura que “o Goberno Local non ten afán sancionador nin recadador”

 

Mario Lago, concelleiro de Comercio e Hostalería, quere lembrar que na xuntanza mantida o día 29 de xullo cos hostaleiros,  informouse que se ía establecer un criterio diferenciador en canto ao prezo na instalación de mesas e cadeiras que sería aplicable no 2016, no que se fixaría unha taxa distinta segundo se trate de  época  estival ou de inverno. Este criterio diferenciador estableceríase buscando o consenso entre as partes.

 

Así mesmo, indica que “o Goberno Local non ten afán sancionador nin recadador, entendendo que pode haber excepcións puntuais en determinados días , sempre e cando non se obstaculice a vía pública”.

 

Por outra banda, o concelleiro da área púxose en contacto cos directivos da asociación de Hostalería para aclarar as dúbidas sobre a aplicación da ordenanza e fixar unha reunión na que estudiar a modificación das taxas aplicables no inverno.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.