Baiona
Unhas duascentas persoas acompañou a Xeira pola Estrada Real a Baiona
Máis de duascentas persoas asistiron a pasada semana a xeira pola antiga Estrada Real, ou camiño vello a Baiona, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos coa guía de Antonio Soliño, Anxo Rodriguez Lemos e Carlos Méixome. O camiño deparou pontes, cruceiros, casas, prazas e pazos, fontes, camiño e historias cargados de anécdotas con singulares protagonistas que deixaron as súas pegadas nunha paisaxe que vai mudando ao longo do tempo, as veces non con moi bo xeito.
Aprendeuse de cousas vellas que para moitos son novas, e tamén fíxose a vista en detalles que ata onte eran un punto na paisaxe sen máis, e que a partires de agora serán fitos da nosa historia con nomes e apelidos ou con personalidade propia.
Para rematar, a poesía de Ludovico Ariosto e o seu poema épico Orlando furioso, coa historia da bela Sabela, veciña de Baiona e a súa historia de amor, recitado na versión galega do escritor Miguel Anxo Mouriño na fermosa voz de Carmen Penin de 2 na fronteira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56