Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 10 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Publicadas as bases de información e participación para a V Festa Gastronómica

[Img #19756]O Concello de Tui, co obxectivo de regular e crear un marco legal para a celebración da Festa Gastronómica, xa tradicional e con éxito de participación en edicións anteriores, vén de facer públicas as bases de participación e información nesta Festa, que terá lugar o vindeiro sábado 15 de agosto, dende as 19.30h até as 23.30h.

 

Entre os puntos que figuran nas bases, atópanse que a organización comunica a cada asociación participante que lles facilitará dous postos de venda, dous taboleiros, dous cabaletes (para degustación do produto enfronte os postos), dous contedores de lixo, unha toma de corrente de 2.500w, unha toma de auga cada dúas asociacións e catro manteis; as persoas que manipulan alimentos, ademais dun vestiario adecuado e en perfectas condicións hixiénicas, deberán levar o pelo atado e a cabeza cuberta cun gorro ou complemento similar; ademais ou tódolos vendedores de alimentos deberán estar en posesión do Carné de Manipulador de Alimentos.

 

Por outra banda, previamente as asociacións solicitantes deberán aboar as correspondentes taxas no departamento de Tesourería, 1,49 € por metro cadrado, valorando a organización que a ocupación por participante será de 10m2, a taxa correspondente será de 14,90 € por participante.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.