Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 10 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Dan comezo ás escolas deportivas de verán con preto de 250 inscricións.

Dez actividades deportivas gratuítas diferentes iniciaron a súa andaina durante a pasada semana semana

[Img #19763]

 

O Concello de Ponteareas  deu inicio a semana pasada ás diferentes escolas deportivas que se desenvolverán ao longo do mes de agosto e que comprenderán varios deportes como baloncesto, fútbol sala, patinaxe, tai chi, tenis, bádminton, billar, xadrez, wu shu e atletismo, coa finalidade de ofrecer unha ampla gama de actividades deportivas nas que os nenos e rapaces poidan practicar ou descubrir certos deportes que, ás veces, son pouco coñecidos.

 

Baloncesto, fútbol sala, patinaxe, tai chi, tenis, bádminton, billar, xadrez, wu shu e atletismo, son algunas das modalidades impartidas

 

O edil de Deportes, Benito Márquez, comprobou de primeira man o desenvolvemento destas actividades e amosouse “moi satisfeito pola aceptación que tiveron estas escolas gratuítas entre a cidadanía, converténdose esta iniciativa nun gran éxito de inscrición”.

 

Así mesmo, valora moi positivamente “que actividades deportivas que teñen pouca visibilidade, como o billar ou o atletismo, fosen moi solicitadas”. “Estas actividades –conclúe- non se poderían levar a cabo sen a colaboración desinteresada das asociacións e clubs deportivos implicados, aos cales lles quere agradecer a colaboración e disposición para lograr que estas escolas deportivas sexan un éxito, así como agarda seguir traballando xuntos nun futuro próximo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.