Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 08 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Comerciantes e Concello do Porriño preparan a próxima edición de “Merca na Rúa”

Marcelino Coto destacou que o obxectivo do goberno “é modernizar e dinamizar o comercio local”

[Img #19767]

 

Os comerciantes e o Concello do Porriño traballanxa na organización da próxima edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa” que se celebrará os días 12 e 13 de setembro. A Feira, que alcanza este ano a sua décimo terceira edición, celébrase na zona peatonal e atrae a numeroso público interesado polas ofertas do comercio local. 

 

 

A Feira de Oportunidades “Merca na Rúa” se celebrará os días 12 e 13 de setembro


 

A organización de “Merca na Rúa” foi un dos temas tratados na Mesa Local de Comercio, que entre outros asuntos procedeu á modificación dos membros que a constitúen. A Mesa estará presidida polo concelleiro de Comercio e Industria, Marcelino Coto; Noelia Conde, xerente de ACIPOR, será a secretaria e Juana Pérez, Presidenta de ACIPOR, Eugenio Fernández representante da Xunta de Galicia, e o concelleiro de Mercados e Prazas, Orlando Márquez, vocais. 

 

“O noso obxectivo é dinamizar e modernizar o comercio”, destacou  Marcelino Coto. O concelleiro subliñou o papel da Mesa Local de Comercio coma “foro de debate plural onde consensuar as políticas para promocionar a actividade comercial do municipio”. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.