Mos
Tameiga consolida a súa tradición de alfombras florais
Un grupo de veciños desta parroquia mosense deseña e confecciona, dende fai xa oito anos, catro creacións anuais
Un grupo de oito veciños da parroquia mosense de Tameiga xa está a traballar na idea para a confección das alfombras florais con motivo da festividade relixiosa do Corpus Christi do 2016, unha tradición que iniciaron fai xa 8 anos e que desenvolven no contorno da Igrexa de Tameiga, onde realizan as súas creacións.
Para a elaboración das alfombras empregan pétalos de flores de todo tipo, serrín, café e para o verde: buxo, follas de setos e incluso herba. Gran parte deste material recólleno no monte.
Piden colaboración desinteresada mediante a doazón de material para poder confeccionar as alfombras
Cada ano deseñan e confeccionan un total de 4 alfombras. A central e máis grande ten unhas dimensións de 10 metros por 13 metros aproximadamente. A elaboración das 4 alfombras lévalles un total de 8 horas, dende as 21.00 horas ata as 05.00 horas da madrugada do día seguinte.
O grupo de veciños responsables destas verdadeiras obras de arte floral agradecen ó resto de habitantes da zona a súa colaboración desinteresada mediante a doazón de material para poder confeccionar as alfombras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33