Gondomar
Peitieiros celebra a Semana Cultural e o XXII Festival Folclórico Internacional
![[Img #19776]](upload/img/periodico/img_19776.jpg)
O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXII Festival Folclórico Internacional. Como xa se fixo o ano pasado, como actividade previa ao Festival Folclórico, celébrase a Semana Cultural que comezará o domingo 16.
PROGRAMACIÓN:
Semana Cultural
Domingo 16 ás 12:00 h: acto de inauguración do XXII Festival Folclórico e da III Semana cultural coa proxección do vídeo As nosas festas de alá e a inauguración dunha mostra de pintura e escultura coa presenza da/os artistas. O documental As nosas festas de alá, restaurado polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe, foi realizado en 1928 con financiamento da "Unión de Hijos de Morgadanes" de Montevideo. O vídeo mostra imaxes de Peitieiros no ano 1928.
Luns 17 ás 23:00 h: Noite de estrelas e petróglifos no Lombo do Roxás.
Mércores 19 ás 18:00 h: Obradoiro de cestería tradicional de follato de millo, impartido por Esther Rodríguez. O prazo para inscribirse no obradoiro será do 12 ao 16 de agosto no correo electrónico: ccrpeitieiros@gmail.com, prazas limitadas.
Xoves 20 ás 22:00 h: concerto de Ameva dúo.
Venres 21 ás 22:00 h: concerto de canto popular co grupo do CCV de Peitieiros e Os Mulos, de Bueu
Todos os actos, agás a observación de estrelas, terán lugar no Centro Cultural, ao lado da igrexa de vestixios románicos de San Miguel.
XXII Festival Folclórico Internacional
Sábado 22
Nesta edición contarán coa presenza do grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsábel de iniciar o Festival. Ecos e Agarimos, cunha traxectoria de máis de vinte anos, é a escola de música e baile tradicional na nosa parroquia. Contarán tamén coa participación do Rancho Folclórico da Casa do Povo de Rio Côvo, Barcelos, a A.C. Os Muíños de Oliveira, Ponteareas, a treboada Os Terribles de Tomiño e poñerá o broche ao Festival o grupo TradiSón de Gondomar, que conta con integrantes da parroquia de Peitieiros.
O Festival comezará xa ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixer achegarse. Os obradoiros serán de 12 a 14 horas durante a mañá e de 17:00 a 19:00 pola tarde e serán impartidos polos propios grupos participantes. Na xornada de Tarde, ás 18:00 proxectarase o vídeo sobre o grupo Ecos e Agarimos.
O XXII Festival Folclórico conta coa colaboración do Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de Peitieiros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191