Mos
Un convenio entre o Celta e o Louro-Tameiga permitirá recibir asesoramento técnico ao clube mosense
A entidade celeste referenda o seu compromiso co fútbol base galego
![[Img #19842]](upload/img/periodico/img_19842.jpg)
O Real Club Celta, no seu empeño por fortalecer os lazos de unión cos clubs do seu ámbito e potenciar o fútbol base da provincia e de toda Galicia, asinou xunto á Fundación Celta un convenio de colaboración co Club Deportivo Louro-Tameiga de Mos, do que se beneficiarán 250 novos xogadores.
O Club Deportivo Louro contará nos seus adestramentos con profesionais do Real Club Celta
Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta; Germán Arteta, director da Fundación Celta, e Patricio Farrapeira, presidente do Club Deportivo Louro, selaron esta semana na sede da fundación celeste un amplo convenio que, a petición do club de Mos, inclúe asesoramento técnico a nivel de metodoloxía e hábitos de adestramento.
Ao longo dunha tempada, con opción a ampliación, o Club Deportivo Louro contará nos seus adestramentos con profesionais do Real Club Celta, que achegarán os seus coñecementos e información aos adestradores e futbolistas mosenses.
O RC Celta e a súa Fundación reafirman o seu total compromiso non só coa canteira celeste, senón co fútbol base de Galicia, convencidos de que a unión e colaboración de todos os clubes permitirá elevar o potencial do fútbol galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155