Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 15 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Cultura comeza as obras de consolidación da ponte de Fillaboa

[Img #19844]

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o pasado día 11 a ponte de Fillaboa, en Salvaterra de Miño, na que o seu departamento está a executar diversas obras de consolidación e restauración por un importe de algo máis de 87.000 euros.

 

Os traballos, cuxo inicio é inminente, consisten na consolidación, recalzamento e cimentación da pila número 2 da ponte. A actuación inclúe tamén a reparación do tamallar desta pila, así como asegurar a estabilidade da bóveda número 2 mediante tirantes galvanizados e crucetas de aceiro galvanizado aparafusadas en ambos extremos.

 

A erosión derivada das fortes correntes do río provocaron nos últimos anos unha serie de patoloxías na cimentación dos apoios dos arcos -especialmente no número dous-, e gretas nas bóvedas número dous e tres. Todo elo fai necesario a intervención urxente sobre a ponte para garantir a estabilidade estrutural da mesma.

 

A Ponte de Fillaboa é unha construción de cantaría de granito sobre o río Tea que daba servizo ao antigo camiño que unía Tui e o porto de Baiona, de intensa actividade comercial na época medieval. Datada por tanto na Idade Media, ten 75 metros de lonxitude e está composta de catro bóvedas apuntadas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.